Michael Phelps

nadador estadounidense

Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland)[1], é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol. Ó longo da súa carreira bateu 39 récords mundiais de natación.

Modelo:BiografíaMichael Phelps

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Fred Phelps II Editar o valor en Wikidata
30 de xuño de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónTowson High School (en) Traducir (–2003)
Universidade de Míchigan
Dumbarton Middle School (en) Traducir
Sheldon High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso88 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportenatación Editar o valor en Wikidata
Adestrado porBob Bowman (en) Traducir (1995–2012) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
1995- North Baltimore Aquatic Club
Participou en
2016natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica, medalla de prata olímpica)
2012Xogos Olímpicos de 2012  (medalla de ouro olímpica, medalla de prata olímpica)
2008Xogos Olímpicos de 2008  (medalla de ouro olímpica)
19 de agosto de 2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 100 metre butterfly (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
18 de agosto de 2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 200 metre individual medley (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
16 de agosto de 2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 200 metre butterfly (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
14 de agosto de 2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 400 metre individual medley (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 4 × 100 metre freestyle relay (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 4 × 100 metre medley relay (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 4 × 200 metre freestyle relay (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2004swimming at the 2004 Summer Olympics – men's 200 metre freestyle (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNicole Johnson (2016–) Editar o valor en Wikidata
PaisMichael Fred Phelps Editar o valor en Wikidata  e Deborah Sue Davisson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmichaelphelps.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1711727 Facebook: michaelphelps Twitter: michaelphelps Instagram: m_phelps00 Olympic.org: michael-phelps WikiTree: Phelps-2708 Editar o valor en Wikidata
Michael Phelps nos Xogos Olímpicos de 2016.

Traxectoria

editar

Nos Xogos Olímpicos

editar

Phelps comezou a súa carreira olímpica nos Xogos de Sydney 2000 con 15 anos de idade, sen acadar ningunha medalla. Nas súas seguintes 3 participacións acadou 22 medallas nestas probas:

  • Xogos de Atenas 2004: 6 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 2 bronces (200m libres, 4x100m libres).
  • Xogos de Pequín 2008: 8 ouros (400m estilos, 4x100m libres, 200m libres, 200m bolboreta, 4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos).
  • Xogos de Londres 2012: 4 ouros (4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos) e 2 pratas (4x100m libres, 200m bolboreta).

Trala cita de Londres, Phelps anunciou a súa retirada do deporte profesional, malia ter tan só 27 anos de idade.

Nos Campionatos Mundiais

editar

Phelps competiu en campionatos do mundo de natación entre os anos 2001 e 2011, colleitando 26 ouros, 6 pratas e 1 bronce, repartidos do seguinte xeito:

  • Mundial de Fukuoka 2001: 1 ouro (200m bolboreta).
  • Mundial de Barcelona 2003: 4 ouros (200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m estilos) e 2 pratas (100m bolboreta, 4x200m libres).
  • Mundial de Montreal 2005: 5 ouros (200m libres, 200m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (100m bolboreta).
  • Mundial de Melbourne 2007: 7 ouros (200m libres, 100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres).
  • Mundial de Roma 2009: 5 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (200m libres).
  • Mundial de Xangai 2011: 4 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x200m libres, 4x100m estilos), 2 pratas (200m libres, 200m estilos) e 1 bronce (4x100m libres).
  1. "Michael Phelps". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar