Pinta (carabela)
A Pinta, construída en 1441, foi unha das dúas carabelas que usou Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. A segunda foi a Niña. A terceira embarcación foi a Santa María, que en realidade era unha nao e non unha carabela, e que era a nave capitá (o navío que dirixía a expedición ao ir nel Cristovo Colón).
Pinta | |
---|---|
Réplica da Pinta en Baiona. | |
Historial | |
Estaleiro | Palos de la Frontera |
Tipo | Carabela |
Características xerais | |
Desprazamento | 115,59 toneladas |
Eslora | Incluídos paus: 29,40 metros máxima do casco: 22,75 m entre perpendiculares: 20,40 m flotación (carga máx): 20,30 m de quilla: 16,12 m. |
Manga | 6,60 metros |
Puntal | 2,21 m |
Calado | Correspondente: 1.91 m de proa: 1,51 m de popa: 1,71 m. |
Propulsión | vela |
Velocidade | 12 nós |
Tripulación | 25 homes |
Historia
editarA Pinta era propiedade de Cristóbal Quintero[1] e Gómez Rascón.
O seu nome fixo pensar a algúns historiadores que pertencía á familia Pinto, porén en realidade foi alugada aos armadores Gómez Rascón e Cristóbal Quintero, que foron nela ás Américas coma mariñeiros, polo que probabelmente o seu verdadeiro nome fose "La Pintá". Era unha carabela nórdica de velas cadradas cun velame moi sinxelo. Os paus de trinquete e maior ían aparellados cunha vela cadrada de grandes dimensións, mentres que o pau de popa, chamado de mesana, portaba unha vela latina.
A Pinta era moi veleira, de tal xeito que, o 8 de outubro, na loita por arribar os primeiros á descuberta das novas terras, acadou unha velocidade de 15 millas por hora, unha milla da época equivale a 0,8 millas náuticas actuais, polo que a súa velocidade sería dunhas 12 millas por hora.[2] O mariñeiro Rodrigo de Triana, quen avistou por vez primeira a terra do Novo Mundo, o 12 de outubro, viaxaba nesta carabela. Unha listaxe de tripulantes das máis completas pode ser:[3]
Tripulación da Carabela Pinta |
---|
1.- Martín Alonso Pinzón, capitán, (Palos) |
Arribada
editarA Pinta, afastada da expedición por unha tempestade na viaxe de retorno foi a primeira en acadar un porto europeo xa que o 1º de marzo de 1493 arribou a Baiona, en Galicia.
Dende que foi declarada festa local oficial en 1974, celébrase anualmente a Festa da Arribada na vila de Baiona, recreando un mercado medieval e teatralizando a chegada da embarcación.
Réplicas modernas
editarExisten dúas réplicas da carabela:
- Na vila galega de Baiona, onde arribou. Pode visitarse. Atópase museizada.
- No porto de Palos de la Frontera, Provincia de Huelva (Andalucía), de onde partiu. Construíuse co gallo da celebración do quinto centenario do Descubrimento das Américas en Isla Cristina, xunto coas réplicas de La Niña e Santa María. Foi botada o 8 de agosto de 1989 nun acto presidido por Cristina de Borbón. Dita réplica consérvase no museo Peirao das Carabelas, en Palos de la Frontera.
Galería de imaxes
editar-
Placa conmemorativa, Baiona.
-
Cuberta da réplica de Baiona.
-
Museo nas bodegas, Baiona.
-
Réplica en Palos de la Frontera.
Notas
editar- ↑ www.Huelva24.com (Diario Online). "EL INVESTIGADOR LEOPOLDO GOROSTIZA AFIRMA QUE LA CARABELA PINTA ERA TAMBIÉN DE MOGUER.". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015.
- ↑ Concello de Baiona. "Museo da Carabela Pinta". Consultado o 25 de setembro de 2015.
- ↑ Tripulación de Colón
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pinta |
Bibliografía
editar- Fernández Vial, Ignacio; Ollero Marín, Álvaro (1998). Las tres carabelas. Huelva: Diputación Provincial de Huelva. ISBN 84-8163-139-6.
- Gorostiza Dapena, Leopoldo La Pinta también era de Moguer. Col. "Montemayor", Revista 2015. Archivo Histórico Municipal; Fundación Municipal Cultura, Moguer, 2015.