Aalborg
Aalborg ou Ålborg é unha comuna e cidade de Dinamarca, capital da rexión de Nordjylland, na península de Xutlandia. Ten unha poboación de 162 381 habitantes (121 549 na cidade), sendo a cuarta máis poboada de Dinamarca.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Dinamarca | ||||
Region of Denmark (en) | Jutlândia do Norte (pt) | ||||
Municipios | Aalborg Municipality (en) | ||||
Capital de | Jutlândia do Norte (pt) Aalborg Municipality (1838-1970) (en) Aalborg Municipality (en) Aalborg Municipality (en) Aalborg County (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 113.417 (2017) (815,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 139 km² | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Creación | 16 de xuño de 1342 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Thomas Kastrup-Larsen (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 9000, 9200, 9210, 9220, 9008, 9020, 9100 e 9400 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 9 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | aalborg.dk |
Historia
editarFundada como un asentamento comercial viquingo (século V). A primeira mención do seu nome, Alabu, aparece nunha moeda datada no 1040. No ano 1342 recibe o título de cidade polo rei Valdemar. Na Idade Media foi unha próspera cidade comercial baseada no comercio de arenque, gran e carne. No 1516 recibiu o monopolio de salgar o arenque. Dende 1554 é sede dun bispado luterano. No século XVIII chega a revolución industrial á cidade, no 1865 constrúese a primeira ponte sobre o Limfjord, no 1889 chega o primeiro camiño de ferro á cidade.
Arquitectura
editarUn castelo antigo e algunhas casas é todo o que queda do XVII. A catedral data de mediados do XVIII, a Igrexa da Nosa Señora é unha reconstrución de comezos do XX dunha igrexa do XIV parcialmente queimada en 1894. Son tamén salientables o hospital antigo e o museo local.
Economía
editarA economía da cidade baséase no estaleiro naval, a escola naval e o porto comercial. Son salientables tamén a industrial téxtil, química e tabacaleira. Arredor da Universidade está medrando nos últimos anos a industria de telecomunicacións.
Demografía
editarEvolución da poboación:
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aalborg |