Francis Bacon (artista)
Francis Bacon, nado en Dublín o 28 de outubro de 1909 e finado en Madrid o 28 de abril de 1992, foi un artista plástico irlandés considerado un dos máis importantes e innovadores da segunda metade do século XX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1909 Dublín (Irlanda) |
Morte | 28 de abril de 1992 (82 anos) Madrid, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Residencia | Dublín Monte Carlo París Londres |
Grupo étnico | Pobo irlandés |
Educación | Dean Close School (en) (1924–1926) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e furniture design (en) |
Lugar de traballo | Berlín Monte Carlo Londres París Tánxer |
Ocupación | pintor, artista visual, deseñador, artista |
Período de actividade | 1925 - 1992 |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato e arte figurativa |
Movemento | Surrealismo, Expresionismo, Cubismo e Arte moderna |
Catálogo crítico | Francis Bacon: catalogue raisonné (en) |
Representante | Artists Rights Society |
Participou en | |
13 de xuño de 1992 | Documenta IX (en) |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | George Dyer |
Pai | Capt. Anthony Edward Mortimer Bacon |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb |
Páxina web | francis-bacon.com |
Tratou con compracencia temas que continúan a chocar a nivel social. As fantasías masoquistas, a pedofilia, o desmembramento de corpos, a violencia masculina ligada á tensión homo erótica, as prácticas de disecación forense, a atracción pola representación do corpo (un especial fascinación polos fluídos naturais, sangue, bile, urina, esperma etc.) e, en xeral, con todo o que está directamente ligado á transgresión sexa relacionada co sexo, a relixión (son paradigmáticos os seus retratos do papa Inocencio X que efectuou a partir da obra de Diego Velázquez) ou calquera tabú, foron as pezas coas cales Bacon construíu a súa visión "modernista" do mundo.
Traxectoria
editarSufría de asma, e esta debilidade irritaba a seu pai, un home rudo e violento, que o adoitaba chicotear para o "facer home". Debido a isto Bacon criou un comportamento de oposición a seu pai. Un infancia difícil que sempre o influenciou na súa arte e lle inspirou un certo desdén por esa Irlanda da súa infancia, tal como Oscar Wilde e James Joyce.
A súa primeira exposición individual na Lefevre Gallery, en 1945, provocou un choque e non foi ben recibida. Toda a xente estaba farta de guerra e de horrores, só se falaba da "construción da paz" e as imaxes de entrañas dos cadros de Bacon, cos seus tons sanguíneos, provocaron máis repulsa que admiración.
Como home do seu tempo, Bacon transmitiu a idea de que o ser humano, ao conquistar e facer uso da súa propia liberdade, tamén liberta a besta que existe dentro de si. Pouca diferenza fai dos animais irracionais, tanto na vida - ao levar a cabo as funcións esenciais da existencia como o sexo ou a defecación - como na soidade da morte; representando o home como un anaco de carne.