Liga Galega de Rugby 2011-12

29ª edición da Liga Galega de Rugby

A edición 2011-2012 da Liga Galega de Rugby foi por 4º ano seguido a 4ª e última división do rugby en Galicia, por detrás das 3 competicións nacionais organizadas pola FER (División de Honra, División de Honra B e Primeira Nacional), e o único campionato ligueiro organizado pola FGR dende que en 2008 desapareceu a 2ª división autonómica.

Modelo:Competición deportivaLiga Galega de Rugby 2011-12
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Galega de Rugby Editar o valor en Wikidata
Parte deLiga Galega de Rugby Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónGalicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2011-2012 Editar o valor en Wikidata
Número de edición29 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoVigo Rugby Club Editar o valor en Wikidata


Desenvolvemento

editar

O campionato comezou o 16 de outubro de 2011 con doce equipos inscritos (dous deles filiais), cinco máis ca na Liga Galega de Rugby 2010-11. Isto debeuse ao descenso de dous equipos dende a Primeira Nacional (CD Zalaeta e CR Lalín), o debut dun novo equipo galego (Pontevedra RC), a inclusión dun equipo de León que deixou este ano o torneo autonómico de Castela e León (Bierzo RC), amais da volta do filial do CRAT despois dun ano fora do torneo. O único equipo galego que este ano non tivo ningunha representación na Liga Galega de Rugby foi o Ingleses RC de Vilagarcía, que competiu na Primeira Nacional co primeiro equipo do CRAT, no ano no que o primeiro equipo de Vigo RC debutou na División de Honra.

O campión final do torneo foi o filial do Vigo RC, que rematou a competición cun 100% de vitorias.

Clasificación

editar

Fonte: Clasificación en www.fegarugby.es

Táboa da Liga Galega de Rugby 2011-2012
Posición Equipo Puntos Encontros Bonus
Xogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos
1 Vigo RC 'B 109 22 22 0 0 21 0
2 CD Zalaeta 95 22 19 0 3 18 1
3 CR Lalín 83 22 17 0 5 13 2
4 Mareantes RCP 69 22 14 0 8 11 2
5 Ourense RC 65* 22 13 0 9 11 2
6 CR Ferrol 56 22 12 0 10 7 3
7 Muralla RC 55* 22 11 0 11 11 2
8 Santiago RC 37* 22 8 0 14 6 1
9 CRAT 'B 30 22 6 0 16 4 2
10 CR Fendetestas 27 22 5 0 17 2 5
11 Pontevedra RC 20 22 3 0 19 3 5
12 Bierzo RC 9 22 2 0 20 0 2

A vitoria vale 4 puntos, o empate vale 2 puntos, e a derrota vale 0 puntos. Pódense acadar puntos bonus por anotar 4 ensaios ou máis, e cando se perde por 7 puntos ou menos. Muralla RC, CR Ferrol e Santiago RC foron sancionados con 2 puntos. Bierzo RC foi sancionado con 1 punto.