Roger Bacon

filósofo inglés

Roger Bacon, tamén coñecido como Doctor Mirabilis, nado en Ilchester contra o 1214 e finado en Oxford en 1294, foi un filósofo inglés, un dos máis coñecidos franciscanos do seu tempo e un dos máis antigos avogados do moderno método científico. Tamén foi un dos primeiros europeos en ensinar a Aristóteles grazas á influencia árabe.

Infotaula de personaRoger Bacon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1220 Editar o valor en Wikidata
Ilchester (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1292 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Oxford, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of Ss Edmund and Frideswide (Greyfriars Church) (en) Traducir 51°44′39″N 1°13′58″O / 51.744234, -1.232915 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía e filosofía da natureza Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo , alquimista , tradutor , inventor , matemático , astrólogo , musicólogo , teórico da música , físico , teólogo , escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
MovementoEscolástica Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioDoctor Mirabilis Editar o valor en Wikidata
LinguaLatín medieval Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1088279 Find a Grave: 156784327 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou en Oxford e trasladouse a París en 1236. De novo en Oxford (1251), escribiu Speculum astronomiae (no que corrixiu o sistema astronómico de Tolomeo), e unha Metafísica, malia iso en 1257, foille prohibido ensinar e volveu a París. Reformou o calendario xuliano en 1263.

A instancias do seu protector (Clemente IV), comezou os Communia naturalium (un compendio da ciencia da súa época), que deixou para escribir Opus maius (1267-1268), obra que enviou ao Papa xunto coa anterior e outras dúas (Opus minus e Opus tertium), escribiu tamén un Compendium studii philosophiae. Bacon sempre defendeu que a autoridade relixiosa non debía ser seguida acriticamente.

En 1277 o xeneral dos franciscanos atopou sospeitosas as súas obras (sobre todo polos ataques a Santo Alberte Magno e a San Tomé). Condenadas as súas teses, estivo na cadea ata 1292.