Teodosio Vesteiro Torres
Teodosio Vesteiro Torres, nado en Vigo o 12 de xuño de 1847 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1876,[1] foi un músico, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1847 Vigo, España |
Morte | 12 de xuño de 1876 (29 anos) Madrid, España |
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
Educación | Seminario de Tui |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, poeta, compositor |
Período de actividade | 1860-1876 |
Empregador | El Heraldo Gallego (1874) La Caridad El Desengaño La Concordia Revista Galaica Galicia Literaria |
Xénero artístico | Música, xornalismo, poesía e ensaio |
Movemento | Romanticismo |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Vesteiro Torres (Teodosio), p.474) |
Traxectoria
editarOs seus pais foron Juan María Vesteiro Barbeito, oficial de infantaría, natural de Lugo, e Antonia Torres Fernández, natural da Coruña. Ingresou no Seminario de Tui en 1860, onde ocupou unha cátedra de Humanidades e foi bibliotecario, clasificando e ordenando os máis de 6 000 libros alí existentes. Comezou a escribir no Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy.[2] Foi vicepresidente da sociedade La Juventud Católica del Miño,[3] redactor de La Juventud Católica de Tuy e director da orquestra da catedral de Santa María. En 1871 abandonou os estudos eclesiásticos e trasladouse a Madrid onde exerceu o ensino musical, residindo na casa dos seus curmáns Lorenzo Quintero e Emilia Calé.[4] En 1872 morreu a súa nai, suceso que lle afectaría fondamente.
Colaborou en El Heraldo Gallego (Ourense), Revista Galaica (Ferrol), La Concordia e La Caridad-El Desengaño (Vigo). En 1875 fundou en Madrid a asociación Galicia Literaria,[5] da que anos despois tomou o seu nome a revista Galicia Literaria. Escribiu en castelán, mais a maioría das súas obras son de temática galega seguindo a ideoloxía galeguista.[6]
Despois de destruír os seus traballos de xuventude, suicidouse no Paseo do Prado disparándose un tiro cun revólver, na madrugada do 12 de xuño de 1876, deixando dúas cartas de despedida, unha a Manuel Curros Enríquez e outra a Valentín Lamas Carvajal.
Obras
editar- Flores para la soledad, seis melodías para canto e piano, 1871.
- Versos, 1874.
- Galería de Gallegos Ilustres, 5 tomos: Poetas de la Edad Media, Guerreros, Marinos, Príncipes y Diplomáticos e Artistas, 1874.[7]
- Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira. Siglos XV a XVI, 1875.
- Desde el cielo, zarzuela manuscrita inédita, Arquivo Municipal de Vigo.[8]
Póstumas
editar- Monografías de Vigo, 1878.[9]
- Galería de Gallegos Ilustres. Apéndice, 1879.
- Páginas sueltas, 1892, publicado por Emilia Calé.
- Poesías, 1896, na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
- Recuerdos de Galicia, 1896, con prólogo de V. Novo y García.[10]
Recoñecemento
editarApós a súa morte, O Tio Marcos d'a Portela publicou o libriño de vinte páxinas Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres,[11] despois diso, El Heraldo Gallego publicou o libro Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres (1877, 58 páx.), no que colaboraron Valentín Lamas Carvajal; José M. Hermida; Emilia Calé; Eduardo Álvarez Pertierra; A. J. Pereira; Emilia Pardo Bazán; Alfredo Vicenti; José Tresguerras Melo; Pastora Guerrero; José María Montes; Nicolás Taboada Fernández; Xoán Neira Cancela e Rafael Bugallal.[12]
O concello de Vigo dedicoulle o nome do Parque Poeta Vesteiro Torres, no barrio de Coia.
O personaxe de Vesteiro, como fantasma do Museo do Prado, aparece na novela El Maestro del Prado y las pinturas proféticas (Planeta, 2013) de Javier Sierra Albert.[13]
Galería de imaxes
editar-
Galería de gallegos ilustres. T. 2. Guerreros, 1874.
-
Artigo sobre a reconquista de Vigo nunha portada dun FdV de 1875.
-
Monografías de Vigo, 1878, edición póstuma.
-
Recuerdos de Galicia, 1896, edición póstuma.
Notas
editar- ↑ López de Serantes, J.: "Vesteiro Torres, más de un siglo enterrado y olvidado..." El Ideal Gallego, 3/1/1986 (en castelán).
- ↑ Álvarez Blázquez, José M. (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX" en Vigo en su historia, p. 496.
- ↑ "Juventud Católica del Miño, La" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
- ↑ Álvarez de la Granja, M. (1996). "Teodosio Vesteiro Torres: Vida e Obra" Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (35,8 MB) en "Boletín del Instituto de Estudios Vigueses", n. 2 Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. pp. 17-36.
- ↑ "Acta de fundación y actas de las reuniones de la Sociedad Galicia Literaria". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de agosto de 2015.
- ↑ Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et alii: Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), p. 607-608. Galaxia, 1995. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Galería de Gallegos Ilustres. Tomo II. Guerreros (1874) Arquivado 11 de setembro de 2014 en Wayback Machine. na páxina da Real Academia Galega.
- ↑ Barrecheguren, Jorge (2/5/2021). "El Vesterio Torres más desconocido", Faro de Vigo, p. 13 (en castelán).
- ↑ Ficha do facsímile (1998) de Monografías de Vigo Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Instituto de Estudios Vigueses.
- ↑ Recuerdos de Galicia con prólogo de V. Novo y García en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres en Galiciana
- ↑ Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (1877).
- ↑ Blas, Ceferino de: "Javier Sierra, invitado de Club Faro" Faro de Vigo, 11/4/2013 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teodosio Vesteiro Torres |
Bibliografía
editar- AAVV, "Vesteiro Torres, Teodosio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
- AAVV, "Vesteiro Torres, Teodosio" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 305. Ir Indo.
- AAVV, "Vesteiro Torres, Teodosio" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 59, p. 48-49. Ir Indo-La Voz de Galicia.
- AAVV, Enciclopedia Espasa, v. 68, p. 184. ISBN 84-239-4568-5 (en castelán)
- Álvarez de la Granja, M. (1998). Teodosio Vesteiro Torres. Aproximación á súa vida e á súa obra. IEV. ISBN 84-89599-06-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VESTEIRO TORRES, Teodosio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 496.
- Vilanova, Alberto (1955). Ensayo bio-bibliográfico sobre Teodosio Vesteiro Torres. Buenos Aires.