O Val do Kidron (en hebreo: נחל קדרון: נחל קדרון‎, Naḥal Qidron; en árabe: وادي الجوز: وادي الجوز‎, Wadi al-Joz para o segmento superior preto do Monte do Templo -ou explanada das mesquitas-, e Wadi un-Nar para o resto) é o val do lado oriental da Cidade Vella de Xerusalén, que separa o Monte do Templo do Monte das Oliveiras. Continúa polo leste polo deserto de Xudea na Cisxordania, cara ao Mar Morto. O asentamento israelí de Kedar, localizado nun outeiro sobre o val, débelle o seu nome, e o barrio de Wadi al-Joz conserva a forma árabe do nome do val. A Biblia hebraica chámao Emek Yehoshafat (o "Val de Xosafat"). Aparece nas profecías escatolóxicas xudías, que abranguen o regreso de Elías, a chegada do Mesías, a Guerra de Gog e Magog e o Xuízo Final.[1]

Modelo:Xeografía físicaVal do Kidron
Imaxe
Tipoval Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaJerusalém (província), Estado de Palestina (pt) Traducir e Gobernación de Belén, Estado de Palestina Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaIsrael Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar Morto Editar o valor en Wikidata
Mapa
 31°46′37″N 35°14′20″L / 31.77697, 35.23897
Bañado porWādī Sittī Maryam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CordilleiraMontes de Xudea Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Azal (en) Traducir, Q12039853 Traducir Editar o valor en Wikidata
O Val do Kidron visto desde a Cidade Vella de Xerusalén.
Fotografía histórica de xudeus na colleita, na tumba de Abxalom, no Val do Kidron.

O punto central de referencia do Val de Kidron é a confluencia da máxima concentración de tumbas feitas na roca de Xerusalén. Nesta área, localizada na periferia da aldea de Silwan, situábase un dos principais cemiterios de Xerusalén no período do Segundo Templo.[2] Moitas destas tumbas foron tamén utilizadas máis tarde, non só como cemiterio senón tamén como refuxios de ermitáns e de monxes das comunidades mon��sticas que habitaron o Val do Kidron.[3] 

O testemuño de Benxamín de Tudela

editar

As vellas tumbas desta zona atraeron a curiosidade de numerosos viaxeiros antigos, maiormente a do xudeu-navarro Benxamín de Tudela. Este viaxeiro do século XII indicou as distancias que había entre as cidades que visitaba, fixo unha relación dos dirixentes das comunidades xudías e deixou rexistrados os nomes dos eruditos máis notables.[4] O seu testemuño da presenza xudía na área do Val do Kidron constitúe o principal documento histórico utilizado polos arqueólogos e historiadores modernos.

O Val do Kidron na Escatoloxía

editar
 
Tumbas de Bnei Hazir e de Zacarías

A Biblia hebraica denomina este territorio como "Val de Xosafat" (hebreo: עמק יהושפט: עמק יהושפט‎), que vén significando "O val onde Xahvé xulgará". Nos tempos do rei do Antigo Testamento, o Val do Kidron identificouse, polo menos en parte, co Xardín do Rei. Resulta problemático considerarmos que a parte superior do Val do Kidron se designase tamén como Val do Kidron. A Biblia non fai explicitamente esta identificación, senón que unicamente se pode inferir nalgunha pasaxe por referencias pouco precisas.[5]

Cómpre apuntar que non todos os estudosos están de acordo coa visión tradicional de que o Val do Kidron coincide xeograficamente co Val de Xosafat. O comentarista bíblico Adam Clarke defende este punto de vista, afirmando que o Val de Xuízo é un lugar simbólico.[6] Non se empezou a identificar a localización do Val do Kidron coa do Val de Xosafat ata o século IV d.C.[7]

Nunha pasaxe da Biblia menciónase que Deus reunirá todas as nacións no “Val de Xosafat” (Xoel 3:2, Xoel 3:12). Algúns consideran que o Val de Xosafat (“Xahvé xulgará” ) refire ao val situado entre Xerusalén e o Monte das Oliveiras, cara ao leste. Foi neste val onde se pensa que o rei Xosafat venceu os inimigos de Israel (2 Crónicas 20:26). A identificación co Val de Kidron, que empezou no século cuarto, non se considera moi precisa, xa que hoxe non se coñece ningún val con ese nome na antigüidade precristiá.

Tumbas monumentais

editar
 
Tumba de Yad Abxalom no Val de Kidron

As tres tumbas monumentais no lado oriental do Val do Kidron constitúen as referencias con máis sona do antigo Xerusalén. Son, desde o norte ao sur, a coñecida como tumba de Abxalom, que se ergue diante da "Cova de Xosafat", a tumba de Benei Hezir e a denominada tumba de Zacarías.

A tumba de Abxalom consta de dúas partes. Primeiro, un cubo inferior labrado na rocha, decorado con columnas xónicas que exhiben un friso dórico e coroado por unha cornixa exipcia. Esta parte do monumento contén unha pequena cámara cunha entrada e dous nichos funerarios en forma de arco, o que constitúe a tumba real. A segunda parte, de cantaría, está na parte superior do cubo labrado na rocha. Costa dun pedestal cadrado que leva un tambor redondo, coroado por un teito cónico. O cono é lixeiramente cóncavo e está coroado por unha flor de loto de estilo exipcio. A parte superior ten a forma xeral dun tholos e interprétase como un nefesh ou monumento relacionado coa tumba inferior e, posibelmente, tamén coa veciña cova de Xosafat. A "Columna de Abxalom" data do século I d.C[8]

Literalmente, a palabra nefesh significa "ánima", mais no contexto arquitectónico é o termo co que se coñece un determinado tipo de monumento funerario. En descricións das tumbas da nobreza xudía, a forma de pirámide tamén se utilizou como indicación dunha tumba. As tumbas xudías do Val de Kidron son os mellores exemplos desta forma de nefesh.[9] Outras formas similares ao nefesh aparecen tamén decorando osarios, con outros elementos engadidos, como columnas. En Xerusalén, o nefesh como monumento funerario situouse por riba ou ao pé das tumbas, tanto nos chanzos como na súa base.

Arqueoloxía

editar

En 1989, o Concello de Xerusalén levou a cabo traballos rutineiros nesta zona. Logo da ampliación dunha pequena calella preto da aldea de Silwan, a maquinaria destapou unha serie de aperturas cadradas traballadas na rocha. As autoridades en materia de antigüidades de Israel ordenaron entón deter os traballos. Despois de deixar á luz os espazos subterráneos, os arqueólogos atopáronse no interior dun grande complexo funerario, que permanecía intacto. Movéndose con coidado entre as cámaras e axudándose de lanternas, descubriron unha gran cantidade de obxectos esparexidos polo chan (xerras de cerámica e de vidro, lámpadas de aceite e numerosos osarios ornamentais). Os tres amplos ocos formaban parte dun extenso enterramento xudeu que estivo en uso no final do segundo período do templo, que rematou no ano 70 d.C, cando as lexións romanas conquistaron Xerusalén e destruíron o templo.[10]

  1. Goffart, Walter. After Rome’s Fall. Toronto: University of Toronto Press, 1998
  2. Hachlili, Rachel. Jewish Funerary Customs, Practices and Rites in the Second Temple Period. Boston: Brill, Leiden, 2005
  3. Goodman, Martin. Jews in a Graeco-Roman World. Oxford: Clarendon Press, 1998
  4. Adler, Marcus Nathan. The Itinerary of Benjamin of Tudela. London: Oxford University Press, 1907
  5. Kloner, Amos, & Boaz Zissu. The Necropolis of Jerusalem in the Second Temple Period. Leuven: Peeters, 2007
  6. http://www.godrules.net/library/clarke/clarkejoe3.htm
  7. http://www.studylight.org/enc/isb/view.cgi?number=T5301
  8. Finegan, J. The Archeology of the New Testament. Princeton, 1969
  9. Cohen, Shaye J. D. From the Maccabees to the Mishnah. Philadelphia: Westminster Press, 1987
  10. Hirschfeld, Yizhar. Qumran in Context: Reassessing the Archaeological Evidence. Peabody, MA: Hendrickson Publishers, 2004.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar