Victoriano Taibo
Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego. De ideas galeguistas e de esquerdas, foi membro fundador das Irmandades da Fala[2] e integrante da Real Academia Galega.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Victoriano Taibo García 22 de abril de 1885 Santiago de Compostela, España |
Morte | 13 de marzo de 1966 (80 anos) Vigo, España |
Relixión | católica |
Formación profesional | Maxisterio |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre nacional |
Empregador | Irmandades da Fala Real Academia Galega |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1948–1966) Real Academia Galega (membro correspondente) (1918–1948) Irmandades da Fala |
Xénero artístico | Poesía, narrativa, ensaio |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Rebollar Martínez [1] |
Fillos | Francisco Vicente (Fuco) 1930 e Gloria 1931 |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Taibo Filgueira e Josefa García Lameiro, Victoriano foi o máis novo de cinco irmáns. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, onde foi redactor de Miña Terra. Alí contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. Nese tempo tivo sobre el unha grande influencia Luís Porteiro Garea. Asinou o manifesto da Asambleia nazonalista de Lugo de 1918.
Como mestre de escola foi destinado a, entre outros, Mera (Ortigueira), Oza (A Coruña), Sigrás, Cerdido, As Fiestras (Xinzo de Limia), Morgadáns (en Gondomar, onde estaría máis de dezaseis anos) e Lavadores.
Colaborou en numerosas publicacións, entre elas, O Gaiteiro de Lugo, A Nosa Terra, Céltiga, O Tio Marcos d'a Portela, Nós, Ilustración Gallega, Rexurdimento, Vida Gallega, Labor Gallega, A Fouce, Airiños, Alborada, La Noche, Lar, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Ronsel, ABC e Sonata Gallega.[4]
Mantivo relación epistolar con Manuel Antonio.[5] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e socio correspondente do Instituto Histórico do Minho desde 1930.[6]
Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Son coñecidas algunhas das súas actuacións en mitins na compañía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade e Antón Alonso Ríos.[7] Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi trasladado forzosamente en 1938 a Villalar de los Comuneros, Valladolid, por causa das súas ideas políticas.[7] En 1942 retornou a Morgadáns.
A proposta de Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Vales Villamarín, Ángel del Castillo e Florentino López Cuevillas, ingresou na Real Academia Galega en febreiro de 1946. O 15 de outubro de 1948 leu o discurso panexírico Rosalía de Castro, precursora da fala, respondido por Otero Pedrayo.[8] En 1950 instalouse en Vigo, onde viviu ata o seu pasamento en 1966. Xubilouse como mestre en 1954.
A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas, de quen foi discípulo literario: costumismo, lirismo intimista e poesía de loita.[9][10][11][12][13]
Vida persoal
editarCasou o 12 de setembro de 1929, na Ponte de Mera (Ortigueira), con Carmen Rebollar Martínez, irmá de Alfredo Rebollar Martínez, director de bandas de música e que foi alcalde de Ortigueira pola Fronte Popular na II República, ata a Guerra Civil. Tiveron dous fillos, Francisco Vicente Fuco (1930) e Gloria (1931).
Recoñecemento
editarDéuselle o seu nome ao Premio de poesía Victoriano Taibo.
En 2018 o Concello de Gondomar nomeouno Fillo Adoptivo.[2]
Obra
editarPoesía
editar- Abrente, versos galegos (1922, El Eco de Santiago).[14]
- Da vella roseira, cántigas orixinás (Santiago de Compostela, 1925), adicado a Cabanillas.
- Abicedo. Cabrinfollas (2008), Follas Novas. Edición de Armando Requeixo.
- Lembranza da Tecedeira, 2013, ed. facsimilar comentada (1947). IEM.[15]
Narrativa
editar- Da agra aberta: contos e lêndas (Vigo, 1956).[16] Reeditado en 2008 polo IEM.
- Contos pequenos, 2016 (1955), Instituto de Estudos Miñoranos.[17][18]
Ensaio
editarTeatro
editar- A estrana, comedia inédita, en colaboración con Xaime Quintanilla.[5][7]
Galería de imaxes
editar-
Victoriano, relativamente novo.
-
Dedicatoria manuscrita a Ramón Peña, director de Céltiga, nun exemplar de Abrente. Couzadoiro, 1925.
-
Instituto Histórico do Minho, 1930.
-
Victoriano e Carmen co seu neno Fuco, na Ponte de Mera.
-
Nomeamento como membro da RAG. 1946.
Notas
editar- ↑ Mouriño, M.: Álbum das Irmandades da Fala
- ↑ 2,0 2,1 "Victoriano Taibo es de Gondomar". Faro de Vigo (en castelán). 9/2/2019.
- ↑ "Victoriano Taibo García". Real Academia Galega.
- ↑ Mouriño, M.: "As outras publicacións"
- ↑ 5,0 5,1 Vilavedra (1995) Diccionario da Literatura Galega I.
- ↑ Elección como socio correspondente do IHM.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Alonso, José Luís: "Datos para unha biografía" Revista de Estudos Miñoráns, 2008.
- ↑ Taibo García, V. (1972). Rosalía de Castro, precursora da fala. Real Academia Galega.
- ↑ Diccionario enciclopédico galego universal 56. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 119. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. 2010-2011. p. 262.
- ↑ Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1995.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 471. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Imaxe da portada, de Cebreiro, da 1ª ed. de Abrente.
- ↑ Imaxe da portada de Lembranza da Tecedeira
- ↑ Da agra aberta. Prólogo da primeira edición.
- ↑ "Contos pequenos verá la luz tras más de sesenta años inédita" Faro de Vigo, 23/10/2016.
- ↑ O IEM presenta hoxe os "Contos pequenos"… Faro de Vigo, 31/10/2016.
- ↑ Taibo, Victoriano (1972). Rosalía de Castro, precursora da fala: discurso lido o día 15 de outubro do 1948. RAG.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Calero (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. pp. 24, 147, 148, 571, 596, 600–601, 607, 691, 693, 798, 802. ISBN 84-7154-227-7.
- Carballo Calero (1976). "Victoriano Taibo García"Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. Boletín da RAG n.º 358, pp. 121–128.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. pp. 147–148, 184.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 187. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 07/10/2016.
- Requeixo Cuba, Armando: "Victoriano Taibo (1885-1966). Poeta das Irmandades"
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 570-571. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victoriano Taibo |
- Dacosta Alonso, Marta: "Que nos coñezan polas obras" Revista de Estudos Miñoráns, 2008.
- Mouriño Fernández, Miguel Anxo: Álbum das Irmandades da Fala Consello da Cultura Galega.
- Suárez Sandomingo, José Manuel: Victoriano Taibo García, ortegano de adopción 26/3/2012 (en castelán)