Wikipedia:Centros de ensino
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 30/10/2015 ata o 29/11/2015. |
En diversas ocasións, e con distintas finalidades, a Wikipedia ten servido como laboratorio de iniciativas e experimentos educativos en centros de ensino. É unha ferramenta útil para este propósito mais non está exenta dalgunhas dificultades e retos que se poden controlar coa axuda da comunidade.
Vista xeral
editarUsuarios múltiples vs. usuarios colectivos
editarUnha das fórmulas empregadas no pasado agrupaba o traballo de estudantes diversos baixo un mesmo nome común. A vantaxe disto era un maior control por parte do docente de canto se vai editando na Wikipedia, de maneira que a repercusión dos posíbeis danos, no caso de habelos, queda minimizada. Unha segunda vantaxe era que, en determinados contextos, os usuarios quizais son realmente múltiples pois traballan en equipo.
Porén, as regras xerais da Wikipedia sinalan que os usuarios colectivos representan problemas de xestión, que poden conducir a fraudes e vandalismos, polo que non están permitidas.
Erros e vandalismos
editarPor regra xeral, os e as estudantes que chegan á Wikipedia como parte dun proceso educativo traen canda si unha boa colección de erros de principiante, perfectamente explicables e razoables. Non obstante, asemade xeran considerable estrés e traballo extra para os demais usuarios, que advirten un aumento grande e súpeto do número de edicións con problemas. Ao mesmo tempo, para unha/un usuaria/o habitual é complexo lidar con estes erros. É verdade que son novatos, pero moitas veces tamén son nenos ou nenas. Polo xeral, en casos de usuarios claramente identificados como parte de centros de ensino ou proxectos particulares, os administradores deben tentar ser todo o pacientes e cívicos que sexa posible, para guiar a este tipo de usuarios da forma axeitada.
Porén, este tipo de edicións e proxectos adoita traer consigo un aumento do vandalismo por parte de usuarios non interesados na mellora da enciclopedia, que nos casos claros serán tratados da forma habitual.
Proposta de actuación para docentes
editarUsuarios
editar- Crea un usuario propio indicando na Wikipedia:Páxina de usuario o propósito ou alcance do proxecto educativo ou tarefa asignada aos alumnos e o centro educativo de orixe.
- Lista o nome dos usuarios individuais que teñan previsto operar dentro dese proxecto. Eses nomes individuais poden ser os escollidos polos estudantes —como calquera outro usuario— ou ben poden ter todos unha raíz ou sufixo común que os vencelle co centro.
- Categoriza os usuarios individuais do grupo sinalando na súa páxina [[Categoría:Usuarios escolares do grupo XXX]]
Erros
editar- Fai por lles explicar aos teus alumnos as regras básicas da Wikipedia, e fai fincapé nas que concernen o funcionamento da política de respecto polos dereitos de autor e dos principios de amabilidade e cooperación da comunidade. Lémbralles que isto é unha enciclopedia e non un folleto promocional, e que o fin é a información neutral.
- Explícalles tamén as regras básicas de estilo e de estrutura, e tamén que, como non farán as cousas perfectamente de boas a primeiras, van ter que editar e corrixir seguido o mesmo texto. Lembra que hai unha zona de probas para que ti e máis eles fagades ensaios de edición.
- Procura atender ás actividades dos teus e das túas estudantes. Os demais wikipedistas farán as correccións directamente no traballo deles, pero se ven que o problema é máis complexo acudirán a deixarche un aviso na túa páxina de conversa.
Proposta de actuación para estudantes
editarUsuarios
editar- Crea un usuario co alcume que escollas e inclúe nel a marca [[Categoría:Usuarios escolares do grupo XXX]] se non foi xa incluída polo teu profesor. Recorda que cada usuario debe ser individual (non compartas o teu contrasinal con ninguén), e só se pode ter un usuario por persoa.
Erros
editarVas cometer algúns erros, pero é normal. Non perdas o acougo por iso. Os demais usuarios e usuarias estamos aquí para che botar unha man. Pídelle ao profesor ou profesora que vos coordina que vos explique as regras básicas sobre dereitos de autoría, e procura manter a amabilidade e o espírito de cooperación que preside a Wikipedia; unha boa actitude para coa comunidade é fundamental. Amais, ten en conta que:
- De todo o que fagas gardarase unha copia no historial, que será accesible a todo o mundo —tamén ao teu profesor ou profesora—.
- Non é malo trabucarse ou cometer erros, porque dos erros aprendemos.
- Fai caso do que che din os demais usuarios da Wikipedia e fala con eles para preguntarlles dúbidas ou para explicarlles o que fixeches. Para facelo, escribe na súa páxina de conversa (na túa responderanche eles) e lembra asinar as túas mensaxes.
- Pásao ben, pero lembra que isto, aínda que pode ser moi divertido, non é un xogo, é unha enciclopedia.