Saltar ao contido

Vic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de febreiro de 2009 ás 14:10 por 83.61.202.37 (conversa) (Nova páxina: "thumb|300px|Praza Maior, en Vic. '''Vic''' é un municipio español, capital da comarca de Osona, situado na provincia de Barcel...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Praza Maior, en Vic.

Vic é un municipio español, capital da comarca de Osona, situado na provincia de Barcelona (comunidade autónoma de Cataluña). A poboación de Sentforas ou La Guixa forma tamén parte do municipio desde os anos 1940.

Atópase no medio dunha planicie que leva a súa mesmo nome Plana de Vic, equidistante de Barcelona e Francia.

Durante os séculos VIII e IX, Vic estivo nas marcas que dividían as forzas francas das islámicas. No ano 1027, o bispo de Vic estableceu a "Paz e Tregua de Deus" que axudou a diminuír as guerras privadas. Durante o século XVII, a cidade foi un dos primeiros focos de rebelión contra a política centralista do rei Felipe V, conflito que terminou converténdose na Guerra de Sucesión.