American Basketball Association
- Para a actual competición homónima véxase: American Basketball Association (2000).
Tipo | basketball association (en) |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1967 – 1976 |
Período de ocorrencia | 1 ano |
A American Basketball Asociation (ABA) foi unha liga de baloncesto creada en 1967 en directa competencia coa National Basketball Association (NBA) nos Estados Unidos. Por ela pasaron grandes figuras do baloncesto norteamericano, até a súa disolución, en 1976.
Historia
A ABA orixinal foi fundada en 1967, competindo coa ben estabelecida National Basketball Association (NBA), até a fusión entre ambas competición en 1976. De acordo coa The NBA Encyclopedia o obxectivo da ABA a longo prazo era forzar unha fusión coa liga máis arraigada. Os dirixentes da ABA contaban aos donos potenciais que podían conseguir un equipo da ABA pola metade do que custaba conseguir un equipo de expansión da NBA nesa momento, así que cando se producira a fusión o seu rendemento sería de máis do dobre.
En última instancia, catro equipos da ABA foron absorbidos pola NBA: New York Nets, Denver Nuggets, Indiana Pacers e San Antonio Spurs. Outros dous clubs, Kentucky Colonels e Spirits of St. Louis, disolvéronse e un terceiro, Virginia Squires, pechou menos dun mes antes, perdendo as oportunidades que unha fusión podería proporcionar.
A ABA distínguese da súa homóloga maior, por un estilo máis aberto e rechamante do xogo ofensivo, así como diferenzas nas normas: posesións de 30 segundos (en oposición aos 24 da NBA, aínda que a ABA cambiou tamén a 24 segundos para a tempada 1975-76) e o uso da liña de tres puntos (inexistente daquela na NBA). Ademais, a ABA utilizaba un colorido balón tricolor: azul, branco e vermello, no canto da tradicional bóla de cor laranxa da NBA. A ABA tamén tivo varias franquías "rexionais", como Virginia Squires e Carolina Cougars, que xogaban os partidos como locais en distintas cidades do Estado.
A ABA foi hábil tamén ao conseguir que catro dos mellores árbitros da NBA: Earl Strom, John Vanak, Drucker Norma e Gushue Joe, se pasasen á liga, ofrecéndolles moito máis diñeiro e beneficios. Nas memorias de Earl Strom, Calling the Shots, transmite a embriagadora sensación de ser cortexado por unha liga rival con diñeiro para queimar, e tamén a depresión que transcorre no ano seguinte, cando comezou a arbitrar na ABA, con menos xogadores, peores pavillóns e fronte unha multitude moi pequena. Porén, a aparición da ABA aumentou os salarios dos árbitros do mesmo xeito que o fixo co dos xogadores.
O estilo despreocupado da ABA co tempo conseguiu unha gran popularidade cos afeccionados, pero a falta dun contrato televisivo nacional e prolongadas perdas financeiras que carrexar foron a perdición da ABA como campionato independente. En 1976, o último ano da súa existencia, a ABA foi pioneira na creación do agora popular concurso de mates no All-Star de Denver. Unha das contribucións máis significativas a longo prazo da ABA ao baloncesto profesional foi a apertura de mercados na zona sueste dos Estados Unidos, xa que a NBA centrábase nas zonas urbanas do nordés, medio oeste e costa oeste, non amosando até ese momento ningún interese na creación de equipos ao sur de Washington, D.C..
Comisionados
A estrela da NBA George Mikan foi o primeiro comisionado da ABA, onde introduciu tanto a liña de tres puntos como o famoso balón azul, branco e vermello. Con todo, Mikan renunciou dous anos despois, en 1969. Dave DeBusschere, unha das estrelas dos campións New York Knicks, deixou o seu posto como vicepresidente e xerente xeral dos New York Nets en 1975 para converterse no último comisionado da ABA e facilitar a súa fusión coa NBA ao ano seguinte.
- George Mikan (1967–1969)
- James Gardner (1969)
- Jack Dolph (1969–1972)
- Bob Carlson (1972–1973)
- Mike Storen (1973–1974)
- Tedd Munchak (1974–1975)
- Dave DeBusschere (1975–1976)
Equipos
Dos once equipos orixinais, tan só os Kentucky Colonels e os Indiana Pacers permaneceron as nove tempadas que durou a ABA sen trocar de cidade, nome ou desaparecer.
Franquía | Cidade/Nome | Anos | Destino |
---|---|---|---|
Anaheim Amigos Los Angeles Stars Utah Stars |
Anaheim Amigos | 1967–1968 | Desaparición, 1975 |
Los Angeles Stars | 1968–1970 | ||
Utah Stars | 1970–1975 | ||
Dallas/Texas Chaparrals San Antonio Spurs |
Dallas Chapparals | 1967–1970 | Uniuse á NBA en 1976 como San Antonio Spurs |
Texas Chaparrals | 1970–1971 | ||
Dallas Chaparrals | 1971–1973 | ||
San Antonio Spurs | 1973–1976 | ||
Houston Mavericks Carolina Cougars Spirits of St. Louis Utah Rockies |
Houston Mavericks | 1967–1969 | Desaparición, 1976 |
Carolina Cougars | 1969–1974 | ||
Spirits of St. Louis | 1974–1976 | ||
Utah Rockies | 1976 | ||
Indiana Pacers | Indiana Pacers | 1967–1976 | Uniuse á NBA en 1976 como Indiana Pacers |
Kansas City/ Denver Larks/Rockets/Nuggets |
Kansas City (unnamed) | 1967 | Uniuse á NBA en 1976 como Denver Nuggets |
Denver Larks | 1967 | ||
Denver Rockets | 1967–1974 | ||
Denver Nuggets | 1974–1976 | ||
Kentucky Colonels | Kentucky Colonels | 1967–1976 | Desaparición, 1976 |
Minnesota Muskies Miami Floridians Floridians |
Minnesota Muskies | 1967–1968 | Desaparición, 1972 |
Miami Floridians | 1968–1970 | ||
Floridians | 1970–1972 | ||
New Orleans/Louisiana Buccaneers Memphis Pros/Tams/Sounds Baltimore Hustlers/Claws |
New Orleans Buccaneers | 1967–1970 | Desaparición, 1975 |
Louisiana Buccaneers | 1970 | ||
Memphis Pros | 1970–1972 | ||
Memphis Tams | 1972–1974 | ||
Memphis Sounds | 1974–1975 | ||
Baltimore Hustlers | 1975 | ||
Baltimore Claws | 1975 | ||
New York/New Jersey Americans New York/New Jersey Nets |
New York Americans | 1967 | Uniuse á NBA en 1976 como New Jersey Nets |
New Jersey Americans | 1967–1968 | ||
New York Nets | 1968–1976 | ||
Oakland Americans/Oaks Washington Capitals Virginia Squires |
Oakland Americans | 1967 | Desaparición, 1976 |
Oakland Oaks | 1967–1969 | ||
Washington Capitals | 1969–1970 | ||
Virginia Squires | 1970–1976 | ||
Pittsburgh Pipers/Pioneers/Condors Minnesota Pipers |
Pittsburgh Pipers | 1967–1968 | Desaparición, 1972 |
Minnesota Pipers | 1968–1969 | ||
Pittsburgh Pipers | 1969–1970 | ||
Pittsburgh Pioneers | 1970 | ||
Pittsburgh Condors | 1970–1972 | ||
San Diego Conquistadors/Sails | San Diego Conquistadors | 1972–1975 | Desaparición, 1975 |
San Diego Sails | 1975 |
Tempadas
Ano | Campión do Oeste | Xogos | Campión do Leste | MVP dos Playoffs | Equipo |
---|---|---|---|---|---|
1967–68 | New Orleans Buccaneers | 3–4 | Pittsburgh Pipers | Connie Hawkins | Pittsburgh Pipers |
1968–69 | Oakland Oaks | 4–1 | Indiana Pacers | Warren Jabali | Oakland Oaks |
1969–70 | Los Angeles Stars | 2–4 | Indiana Pacers | Roger Brown | Indiana Pacers |
1970–71 | Utah Stars | 4–3 | Kentucky Colonels | Zelmo Beaty | Utah Stars |
1971–72 | Indiana Pacers | 4–2 | New York Nets | Freddie Lewis | Indiana Pacers |
1972–73 | Indiana Pacers | 4–3 | Kentucky Colonels | George McGinnis | Indiana Pacers |
1973–74 | Utah Stars | 1–4 | New York Nets | Julius Erving | New York Nets |
1974–75 | Indiana Pacers | 1–4 | Kentucky Colonels | Artis Gilmore | Kentucky Colonels |
Coa ABA reducida a sete equipos a mediados da súa última temporada, a liga abandonou a división do campionato en conferencias.
Ano | Campión | Xogos | Finalista | MVP dos Playoffs | Equipo |
---|---|---|---|---|---|
1975–76 | New York Nets | 4–2 | Denver Nuggets | Julius Erving | New York Nets |
Resultados por equipos
Equipos | Finais | Campión | Finalista | Anos campión | Anos finalista |
---|---|---|---|---|---|
Indiana Pacers | 5 | 3 | 2 | 1970, 1972, 1973 | 1969, 1975 |
New York Nets | 3 | 2 | 1 | 1974, 1976 | 1972 |
Kentucky Colonels | 3 | 1 | 2 | 1975 | 1971, 1973 |
Los Angeles / Utah Stars | 3 | 1 | 2 | 1971 | 1970, 1974 |
Oakland Oaks | 1 | 1 | 0 | 1969 | — |
Pittsburgh Pipers | 1 | 1 | 0 | 1968 | — |
Denver Nuggets | 1 | 0 | 1 | — | 1976 |
New Orleans Buccaneers | 1 | 0 | 1 | — | 1968 |
Líderes
Elixido para o Naismith Memorial Basketball Hall of Fame |
Anotación
Ano | Xogador | Equipo | Partidos | Puntos | PPP |
---|---|---|---|---|---|
1967–68 | Connie Hawkins | Pittsburgh Pipers | 70 | 1875 | 26,8 |
1968–69 | Rick Barry | Oakland Oaks | 35 | 1190 | 34,0 |
1969–70 | Spencer Haywood | Denver Rockets | 84 | 2519 | 30,0 |
1970–71 | Dan Issel | Kentucky Colonels | 83 | 2480 | 29,9 |
1971–72 | Charlie Scott | Virginia Squires | 73 | 2524 | 34,6 |
1972–73 | Julius Erving | Virginia Squires | 71 | 2268 | 31,9 |
1973–74 | Julius Erving (2) | New York Nets | 84 | 2299 | 27,4 |
1974–75 | George McGinnis | Indiana Pacers | 79 | 2353 | 29,8 |
1975–76 | Julius Erving (3) | New York Nets | 84 | 2464 | 29,3 |
Rebotes
Ano | Xogador | Equipo | Partidos | Ofensivos | Defensivos | Totais | RPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1967–68 | Mel Daniels | Minnesota Muskies | 78 | 502 | 711 | 1213 | 15,6 |
1968–69 | Mel Daniels (2) | Indiana Pacers | 76 | 383 | 873 | 1256 | 16,5 |
1969–70 | Spencer Haywood | Denver Rockets | 84 | 533 | 1104 | 1637 | 19,5 |
1970–71 | Mel Daniels (3) | Indiana Pacers | 82 | 394 | 1081 | 1475 | 18,0 |
1971–72 | Artis Gilmore | Kentucky Colonels | 84 | 421 | 1070 | 1491 | 17,8 |
1972–73 | Artis Gilmore (2) | Kentucky Colonels | 84 | 449 | 1027 | 1476 | 17.6 |
1973–74 | Artis Gilmore (3) | Kentucky Colonels | 84 | 478 | 1060 | 1538 | 18,3 |
1974–75 | Swen Nater | San Antonio Spurs | 78 | 369 | 910 | 1279 | 16,4 |
1975–76 | Artis Gilmore (4) | Kentucky Colonels | 84 | 402 | 901 | 1301 | 15,5 |
Asistencias
Ano | Xogador | Equipo | Partidos | Asistencias | APP |
---|---|---|---|---|---|
1967–68 | Larry Brown | New Orl. Buccaneers | 78 | 506 | 6,5 |
1968–69 | Larry Brown (2) | Oakland Oaks | 77 | 544 | 7,1 |
1969–70 | Larry Brown (3) | Washington Caps | 82 | 580 | 7,1 |
1970–71 | Bill Melchionni | New York Nets | 81 | 672 | 8,3 |
1971–72 | Bill Melchionni (2) | New York Nets | 80 | 669 | 8,4 |
1972–73 | Bill Melchionni (3) | New York Nets | 61 | 453 | 7,4 |
1973–74 | Al Smith | Denver Rockets | 76 | 619 | 8,1 |
1974–75 | Mack Calvin | Denver Nuggets | 74 | 570 | 7,7 |
1975–76 | Don Buse | Indiana Pacers | 84 | 689 | 8,2 |
Recuperacións
Ano | Xogador | Equipo | Partidos | Roubos | RPP |
---|---|---|---|---|---|
1973–74 | Ted McClain | Denver Rockets | 84 | 250 | 2,98 |
1974–75 | Brian Taylor | New York Nets | 79 | 221 | 2,80 |
1975–76 | Don Buse | Indiana Pacers | 84 | 346 | 4,12 |
Tapóns
Ano | Xogador | Equipo | Partidos | Tapóns | TPP |
---|---|---|---|---|---|
1973–74 | Caldwell Jones | San Diego Conquist. | 79 | 316 | 4,00 |
1974–75 | Caldwell Jones (2) | San Diego Conquist. | 76 | 246 | 3,24 |
1975–76 | Billy Paultz | San Antonio Spurs | 83 | 253 | 3,05 |
Premios
Xogador | Denota que foi elixido no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame |
Xogador (X) | Denota o número de ocasión nas que o xogador recibiu o respectivo premio |
Mellor xogador
O "Most Valuable Player" (MVP, Xogador máis valioso) foi un premio anual outorgado por primeira vez en 1968 ao mellor xogador da fase regular da competición. Todo xogador que obtivo o galardón xogou para un equipo que acadou polo menos 45 vitorias en nesta fracción de tempada. O gañador do premio inaugural foi o membro do Salón da Fama Connie Hawkins. Outro membro do Hall of Fame, Julius Erving, coñecido popularmente como "Dr. J", gañou o premio en tres ocasións, todas cos New York Nets, o que supón a mellor marca do torneo. O outro xogador que conseguiu o galardón en máis dunha ocasión foi Mel Daniels, que o gañou dúas veces cos Indiana Pacers. Erving e George McGinnis foron os gañadores conxuntos en 1975. Dous xogadores que debutaban na competición gañaron o premio: Spencer Haywood en 1970 e Artis Gilmore en 1972.
Ano | Xogador | Posición | Equipo |
---|---|---|---|
1967-68 | Connie Hawkins | Aleiro | Pittsburgh Pipers |
1968-69 | Mel Daniels | Pivote | Indiana Pacers |
1969-70 | Spencer Haywood | Ala-pivote | Denver Rockets |
1970-71 | Mel Daniels (2) | Pivote | Indiana Pacers |
1971-72 | Artis Gilmore | Pivote | Kentucky Colonels |
1972-73 | Billy Cunningham | Aleiro | Carolina Cougars |
1973-74 | Julius Erving | Aleiro | New York Nets |
1974-75 | Julius Erving (2) | Aleiro | New York Nets |
1974-75 | George McGinnis | Ala-pivote | Indiana Pacers |
1975-76 | Julius Erving (3) | Aleiro | New York Nets |
Mellor novato
O premio Rookie of the Year (Novato do ano) foi un premio anual outorgado ao mellor xogador debutante na competición durante a fase regular.
Ano | Xogador | Posición | Equipo |
---|---|---|---|
1967-68 | Mel Daniels | Pivote | Minnesota Muskies |
1968-69 | Warren Jabali | Base | Oakland Oaks |
1969-70 | Spencer Haywood | Ala-pivote | Denver Rockets |
1970-71 | Charlie Scott | Escolta | Virginia Squires |
1970-71 | Dan Issel | Ala-pivote | Kentucky Colonels |
1971-72 | Artis Gilmore | Pivote | Kentucky Colonels |
1972-73 | Brian Taylor | Base | New York Nets |
1973-74 | Swen Nater | Pivote | San Antonio Spurs |
1974-75 | Marvin Barnes | Ala-pivote | Spirits of St. Louis |
1975-76 | David Thompson | Escolta | Denver Nuggets |