Saltar ao contido

Charles Messier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaCharles Messier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1730 Editar o valor en Wikidata
Badonviller, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1817 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 11 48°51′37″N 2°23′35″L / 48.8603, 2.393057 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJoseph-Nicolas Delisle (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMrs Charles Messier Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мессье Шарль)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX965957 WikiTree: Messier-245 Find a Grave: 40488820 Editar o valor en Wikidata

Charles Messier, nado en Badonviller (Meurthe-et-Moselle) o 26 de xuño de 1730 e finado en París o 12 de abril de 1817, foi un astrónomo francés coñecido por ser o creador do catálogo de 110 obxectos do espazo profundo (nebulosas, galaxias e cúmulos de estrelas) (os obxectos Messier) que levan o seu nome. Este catálogo publicouse por primeira vez en 1774. Os obxectos Messier numéranse do M1 ao M110, e aínda hoxe en día os afeccionados os coñecen por ese nome.

Traxectoria

Messier traballara moitos anos como asistente no Observatorio Mariño, instalado no Hôtel de Cluny, en pleno París, desde onde realizou todos os seus descubrimentos. Ao parecer, Messier, grande afeccionado á caza de cometas, inaugurou o seu catálogo con M1 (a Nebulosa do Cangrexo) a noite do 28 de agosto de 1758, cando buscaba no ceo o cometa 1P/Halley na súa primeira visita predita polo astrónomo inglés.

Messier non descubriu todos os obxectos do seu catálogo xa que moitos foron observados polo tamén francés Pierre Méchain e, anos antes, por outros astrónomos como Edmond Halley. O primeiro verdadeiro descubrimento de Messier foi o Cúmulo globular M3 en Canes Venaciti en 1764. Curiosamente Messier é máis famoso polo seu catalogo de non-cometas que polos cometas que descubriu. O interese de Messier de catalogar aqueles obxectos fixos tiña como fin distinguir os errantes, o que lle facilitaría a tarefa de buscar cometas. Grazas á publicación do seu catálogo, William Herschel viuse estimulado para iniciar (1783) un ambicioso proxecto que, ao longo de 20 anos de investigación, lle permitiu catalogar un gran número de nebulosas e cúmulos no hemisferio norte,

O cráter Messier da Lúa e o asteroide 7359 Messier foron bautizados na súa honra.

Véxase tamén

Ligazóns externas