Saltar ao contido

ReiserFS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ResiserFS é un sistema de ficheiros de ordenador de propósito xeral deseñado e realizado por un equipo liderado por Hans Reiser. Actualmente úsase en Linux pero prevese a súa inclusión noutros sistemas operativos no futuro. Introduciuse na versión 2.4.1 do kernel de Linux e foi o primeiro sistema de ficheiros de tipo journaling, ou sexa, "con axenda", que se incluíu no kernel.

Características

[editar | editar a fonte]

A vantaxe máis publicitada sobre o que daquela era o sistema de ficheiros de Linux por excelencia, o ext2 era que usa unha axenda (journal, en inglés) de transaccións para gravar as modificacións feitas nas estruturas do sistema de ficheiros. A axenda permite que o sistema de ficheiros retorne rapidamente a un estado consistente após un apagón imprevisto do sistema debido a un reinicio físico do sistema ou a unha caída do sistema. Esta funcionalidade reduce o risco de corrupción do sistema de ficheiros (e a necesidade de longas comprobacións). ReiserFS tamén resulta eficiente na xestión de directorios que conteñan unha gran cantidade de ficheiros pequenos en termos de velocidade e uso de espazo no disco. En comparación con ext2 e ext3, ReiserFS é máis rápido (de 10 a 15 veces) cos ficheiros menores de 4k. Resulta útil especialmente coas noticias de Usenet.

A conversión desde ext2 require formatear os discos, o que non lle fai falta ao seu maior competidor, ext3. Coa introdución de Reiser4, ReiserFS tamén recibe o nome ás veces de Reiser3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]