Taxidermia
A taxidermia (do grego "arranxo ou colocación da pel no seu sitio") é a arte de preparar animais mortos para os conservar con aparencia de vivos e facilitar así a súa exposición, estudo e conservación. Aínda que é unha práctica que, comunmente, se leva a cabo con mamíferos, tamén se emprega con outras clases de animais.
Os métodos empregados polos taxidermistas melloraron notablemente durante o pasado século, facendo posible así unha tecnoloxía punta indubidablemente avanzada. Deste xeito, os seus practicantes poden empregarse profesionalmente, por exemplo traballando para museos, ou ben realizar o seu labor a nivel afeccionado, como pode ser o caso de cazadores, pescadores, entusiastas da afección etc. Adoitan posuír coñecementos técnicos en aspectos tan variados como a anatomía, a escultura, a pintura, a disección ou o tratado de peles para poder practicar esta peculiar arte.
É importante, así mesmo, non confundir taxidermia con taxonomía, empregándose este último termo para denominar á ciencia da clasificación (normalmente asociado á bioloxía).
Métodos
[editar | editar a fonte]Taxidermia en mamíferos
[editar | editar a fonte]Procédese de maneira inmediata ao falecemento do animal á retirada da pel. Realízase con axuda dun escalpelo ou un coitelo moi afiado, extraendo a pel dunha peza. Para iso realizamos un corte de garganta a cola e na zona menos visible das patas do animal. Este último corte abarcase da boneca ata que comunique co corte longitudinal ventral que anteriormente realizamos.
Esta pel límpase superficialmente e sálgase ben, estendendo o sal pola cara do pelo e polo coiro. (O fin de salgar a pel é extraer a auga que se atopa retida na pel e formar un medio supersalino que faga imposible a descomposición da pel por parte dos microorganismos) Unha vez seca procederase á rehidratación da pel e procederase ao curtido desta en tres procesos:
- Remollo (a pel rehidrátase e limpase)
- Piquelado (a pel desnaturalízase, mediante salgado e acidulado, até un determinado pH)
- Curtido (a pel curtese e engrasase)
Tras o piquelado a pel límpase totalmente, sendo necesario se é moi grosa, rebaixala mediante coitelos especialmente deseñados ou maquinaria.
O corpo
[editar | editar a fonte]Actualmente utilízanse esculturas do animal realizadas en poliuretano de rigor anatómico, ou noutros materiais menos utilizados, como a escaiola ou a fibra de vidro.
Para realizar o corpo requírese da observación do animal vivo e coñecementos anatómicos amplos ademais das medidas do animal ao cal imos a naturalizar.
Unha vez recuberta coa pel a escultura do corpo, coserase cun fío resistente e entón procederase á parte máis complicada, na cal se lle dá a aparencia de vida: colocación de ollos, pel e boca sintética (se a tivese).
Unha vez terminada a colocación da pel déixase que expulse a humidade do curtido e entón reálzanse as cores que o animal tiña nas zonas sen pelo, dado que o perden, e restáurase algunha posible imperfección.
Táxidermia en aves
[editar | editar a fonte]Similar á dos mamíferos, aínda que hai que ter especial coidado con manter limpas as plumas dos fluídos do propio animal
Outras técnicas
[editar | editar a fonte]Doutra banda, existe unha técnica baseada en conxelar en seco á animal chamada Freeze Dry. Aínda que só é relativamente efectivo levalo a cabo con aves e réptil, é un método algo máis rápido e sinxelo que o tradicional aínda que o resultado non é mellor que a dun bo taxidermista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Taxidermia |
- Imaxes de taxidermia en http://www.youtube.com/watch?v=og3yZ53z-Q4
- historia da taxidermia en https://web.archive.org/web/20100405234423/http://www.elciervo.com/historiasesp.htm
- http://art-taxidermy.ru/Arquivado 29 de abril de 2011 en Wayback Machine.
- técnicas de taxidermia en https://web.archive.org/web/20100411051628/http://www.elciervo.com/lecciontaxidesp.htm
- Banco de Trabajo para Taxidermia
- Taxidermy.net
- Taxidermy Federated
- Custom Creature Taxidermy- Custom Crypto-taxidermy by Sarina Brewer
- Rogue Taxidermy.com
- LaTaxidermia.com
- Taxidermia en chile