Saltar ao contido

Aleksandr Suvorov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alexander Suvorov»)
Modelo:BiografíaAleksandr Suvorov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1730 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1800 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (69 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAnnunciation Church of the Alexander Nevsky Lavra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFirst Cadet Corps (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cementerio de Viena
Vyškov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmilitar, soldado, líder militar, oficial, military theorist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Imperial Ruso, Infantaría e Cabalaría Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneralísimo (1799 (Xuliano)–)
general field marshal (en) Traducir (1794 (Xuliano)–)
General in chief (en) Traducir (1786 (Xuliano)–)
general poruchik (en) Traducir (1774 (Xuliano)–)
major-general (pt) Traducir (1770 (Xuliano)–)
brigadeiro (pt) Traducir (1768–)
Coronel (1762 (Xuliano)–)
poruchik (en) Traducir (1754 (Xuliano)–)
second-major (en) Traducir
prime major (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Exército Imperial Ruso, Army of the Holy Roman Empire (en) Traducir, 12th Astrakhan Granadier Regiment (en) Traducir e 62nd Suzdal Infantry Regiment (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoBattle of Focșani (en) Traducir
Battle of Praga (en) Traducir
Batalha de Rymnik (pt) Traducir
Battle of Kinburn (en) Traducir
Guerras napoleónicas
Battle of Kozludzha (en) Traducir
Siege of Izmail (en) Traducir
Battle of Cassano (en) Traducir
Battle of Trebbia (en) Traducir
Battle of Novi (en) Traducir
Devil's Bridge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeVarvara Prozorovskaya Editar o valor en Wikidata
FillosNatalia Suvorova, Arkadi Suvorov Editar o valor en Wikidata
PaisVasilij Ivanovič Suvorov Editar o valor en Wikidata  e Yevdokiya Manukova Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1131877 Find a Grave: 11248 Editar o valor en Wikidata
Retrato de Aleksandr Suvorov.

Aleksandr Vasilevich Suvorov (en ruso: Александр Васильевич Суворов), nado en Moscova o 24 de novembro de 1729[1] e finado en San Petersburgo o 18 de maio de 1800, foi un nobre e militar ruso; obstentaba os títulos de conde de Rimnik, príncipe de Italia e conde do Sacro Imperio Romano e xeneralísimo do Imperio Ruso. Considerado un heroe nacional en Rusia, nunca perdeu unha batalla a pesar de loitar habitualmente en inferioridade numérica, gañando máis de 60 batallas.[2]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Suvorov naceu no seo dunha familia nobre, dedicada á vida militar, que tiña o seu berce en Novgorod, aínda que existe a lenda que tiñan a súa orixe en Suecia, non hai rexistro histórico ningún que apoie esa afirmación e o propio apelido Suvorov é de orixe rusa[3]. O seu pai, Vasilii Suvorov, fora xeneral en xefe e senador, e tradutor do tratado de enxeñería militar Manière de fortifier de Vauban ao ruso (1724) [4].

Suvorov falando co xeneral Gannibal

Suvorov foi un neno delicado, a miúdo enfermo, recibindo unha educación pensada para entrar na administración, non obstante sentiu xa de neno atracción polos asuntos militares, lendo na biblioteca familiar libros de artillaría, fortificación e historia militar e intentou superar as súas limitacións físicas por medio de exercicios rigorosos e traballo duro. O xeneral Gannibal, amigo da familia, foi o seu valedor e quen convenceu ao seu pai para permitirlle entrar na carreira militar. Suvorov foi nomeado mosqueteiro do Rexemento Semenovsky en 1742 e en 1748 entrou no servizo activo, servindo no rexemento durante seis anos e medio, período no que continuou os seus estudos por libre e no Corpo de Cadetes e aprendeu varias linguas estranxeiras.

Primeiras accións bélicas

[editar | editar a fonte]

En 1754 adquiriu o rango de tenente primeiro, asignado nun rexemento de Nizhny Novgorod e de 1756 a 1758 serviu no ministerio de guerra. Durante a Guerra dos Sete Anos (1756–1763) xa como comandante primeiro foi transferido a Memel en 1759, entrando por primeira vez en combate o 14 de xullo dese ano. Baixo as ordes de William Fermor participou na batalla de Kunersdorf (12 de agosto) e na captura de Berlín en 1760 e ao ano seguinte estivo ao cargo das tropas que tiñan como misión protexer a retirada das tropas rusas ata Breslau, infrinxindo severas derrotas ás tropas prusianas. En 1762, con 33 anos foi promovido a coronel con mando no Rexemento de Infantaría de Astracán e entre 1763 e 1769 comandou un rexemento de infantaría en Novaja Ladoga, alí escribiu a súa obra Polkovoe učreždenie, onde plasmou o seu método para a educación e o adestramento das tropas. En setembro de 1768 ascendeu a brigadier. En 1769 durante a guerra coa Confederación de Bar foi enviado a Polonia, onde aplicou as tácticas aprendidas durante a Guerra dos Sete anos, movéndose constantemente polo país e atacando ás tropas enimigas sen descanso, logrando así dispersar as forzas polacas ao mando de Pułaski, e capturou Cracovia facilitando o camiño para a primeira partición de Polonia entre Austria, Prusia e Rusia[5], e en xaneiro de 1770 foi promovido ao rango de maior-xeneral e xa en setembro tras unha serie de vitorias sobre os polacos recibiu a súa primeira distinción, a Orde de Santa Ana; en outubro serviu como comandante das tropas rusas no distrito de Lublin, logo de sufrir un accidente estivo varios meses recuperándose e tras restablecerse, en maio de 1771 derrotou ao xeneral francés Charles François Dumouriez na batalla de Lanckorona e en setembro de 1771 á fronte de 900 homes derrotou os 5000 efectivos de Ogiński en Stołowicze. A última acción de Suvorov durante a guerra foi a toma do castelo de Cracovia que tomaran as forzas inimigas, e que capturou en abril de 1772 tras un asedio de tres meses.

En agosto de 1772 recibiu a condecoración de terceiro grao da Orde de San Xurxo. Tras a guerra foi enviado a Finlandia para inspeccionar e reforzar a fronteira con Suecia e na Guerra Ruso-Turca de 1768–1774 realizou campañas exitosas contra os turcos en 1773–1774, tomou a fortaleza de Tutrakan (na actual Bulgaria) en xuño de 1773, recibindo o segundo grao da orde de San Xurxo. En xullo estivo ao mando da defensa de Hârșova (actual Romanía) lanzando un contraataque que derrotou ás forzas otománs que asediaban a cidade, en marzo de 1774 foi promovido a tenente xeneral, esas accións supuxeron o comezo da súa reputación militar, que se viu consolidada coa vitoria en xuño na batalla de Kozluca que decidiu o destino da campaña de 1774 e conduciu á sinatura do tratado de Küçük Kaynarca. Tras a guerra estivo ao mando da 6ª División en Moscova e en agosto Suvorov recibiu ordes para suprimir a rebelión de Pugachev, que afirmaba ser o asasinado tsar Pedro III, pero ao chegar ao Volga atopouse con que o líder rebelde fora xa derrotado polo tenente coronel Johann von Michelsohnen. A comezos de setembro as tropas de Suvorov chegaron a Tsaritsyn, onde estaba Michelsohnen preparándose para ir á procura de Pugachev pero este fora traizoado polos seus seguidores cosacos que o fixeran prisioneiro, entregándollo a Suvorov, que se dedicou a liquidar os grupos rebeldes que restaban e a pacificar a rexión. Pasou o ano 1775 fóra de servizo tras a morte do seu pai, xestionando a herdanza recibida, e tras a súa volta en 1776 fíxose cargo dunha división con sede en San Petersburgo.

Batallas contra o Imperio Otomán

[editar | editar a fonte]
Monumento a Suvorov como un marte xuvenil, Mikhail Kozlovsky (1801).

En novembro de 1776 marchou destinado a Crimea, aínda que pasou boa parte do ano 1777 nas súas propiedades por enfermidade, a fin do ano tivo un novo destino na rexión de Kuban e nos tres meses que permaneceu alí elaborou un sofisticado sistema de fortificacións, combinando unidades fixas nas gornicións con unidades móbiles de reservistas para reforzar as gornicións en caso necesario. Tamén estableceu unha rede de intelixencia para estar ao tanto das intencións dos líderes da rexión e procurou establecer relacións amigables coa poboación, musulmá, da rexión. En 1778 conduciu un grupo de armenios de Crimea cara ao Don, establecendo o primeiro asentamento civil promovido polos rusos da rexión, Nakhichevan-na-Don (agora integrado na cidade de Rostov-na-Don). Entre 1778 e 1779 Suvorov serviu en de novo en Crimea coa misión de previr unha invasión otomá. Por mor da praga de peste que se estendía por Europa en 1778 tomou medidas hixiénicas para evitar que se estendese pola rexión. En 1782 aplastou unha rebelión dos nogais. En 1786 promocionu a xeneral en xefe. Loitou contra os turcos na Guerra Ruso-Turca de 1787–1792 celebrando varias vitorias, aínda que resultou ferido dúas veces no sitio de Kinburn (1787), e tomou parte tamén no sitio de Ochakov, gañando en 1789 dúas grandes vitorias, en Focşani e no río Rymnik, por esta última batalla Catarina a Grande creou para el e os seus descendentes o condado de "Rymnik" e o emperador Xosé II fíxoo conde do Sacro Imperio Romano.

O 22 de decembro de 1790 Suvorov logrou facerse coa fortaleza, ata entón considerada impenetrable de Ismail en Besarabia. Considerada unha gran catástrofe no Imperio Otomán e que puxo fin á guerra, en Rusia glorificouse no que se considera o primeiro himno nacional, Grom pobedy, razdavaysya!

Supresión do levantamento polaco

[editar | editar a fonte]
Suvorov estableceu a súa temible reputación en operacións contra os turcos e os polacos antes das guerras coa Francia revolucionaria. Tivo unha actuación salientable tamén nas frontes italiana e suíza en 1799.

Inmediatamente despois de asinar a paz co Imperio Otomán, Suvorov foi transferido a Polonia, onde asumiu o mando dun dos corpos do exército e participou na Batalla de Maciejowice, na que capturou ao comandante en xefe, Tadeusz Kościuszko. O 4 de novembro de 1794 as forzas de Suvorov atacaron Varsovia e capturaron o suburbio de Praga, masacrando a aproximadamente 20.000 civís[6][7] rompendo o espírito dos defensores e puxo fin á Revolta de Kościuszko. Non está claro o papel de Suvorov no masacre, que realizaron os cosacos que non estaban so o mando directo de Suvorov, algunhas fontes indican que Suvorov intentou parar o masacre ordenando a destrución da ponte sobre o río Vístula [8] para evitar que chegase ata Varsovia. Outros historiadores negan iso[9] e a maioría das fontes non fan referencia a que Suvorov fomentase ou intentase evitala.[10]

Logo de lograr a vitoria, foi promociado a mariscal de campo permanecendo en Polonia ata 1795, ano no que volveu a San Petersburgo. Tras a morte da emperatriz Catarina, non gozou do favor do seu sucesor, Paulo I.

Campaña en Italia

[editar | editar a fonte]
O exiliado Suvorov recibindo a orde do emperador para dirixir o exército ruso contra Napoleón.
Suvorov en Milán, abril 1799

Suvorov pasou os anos seguintes nas súas propiedades de Konchanskoye preto de Borovichi, alí criticou as novas tácticas militares e uniformes introducidos polo novo emperador, porén en febreiro de 1799 o emperador mandouno chamar para combater ás forzas revolucionarias francesas en Italia. A campaña comezou cunha serie de vitorias de Suvorov (Cassano d'Adda, Trebbia, e Novi), expulsando as tropas francesas fóra de Italia, quedando tan só enclaves soltos nos Alpes Marítimos e arredor de Xénova. Suvorov logrou o título de "príncipe da Casa de Savoia" da man do rei de Sardeña.

As tropas rusas baixo o mando do Xeneralísimo Suvorov cruzando os Alpes en 1799.

Pero os acontecementos seguintes foron contra os rusos, Masséna derrotou as forzas do xeneral Korsakov en Zúric; abandonado polos austríacos, Suvorov tivo que retirarse a Vorarlberg para chegar ao alto Rin, onde estaban os cuarteis de inverno a través dos dos Alpes cubertos de neve, pola súa retirada estratéxica , logrou o título de xeneralísimo de Rusia.

A primeiros do ano 1800 Suvorov volveu a San Petersburgo, sen lograr conseguir unha audiencia co emperador, morrendo poucos días despois.

  1. Aleksandr Vasilyevich Suvorov, Count Rimniksky." Encyclopaedia Britannica. Encyclopaedia Britannica Online. Encyclopædia Britannica Inc., 2014. Web. 19 de xaneiro de 2014
  2. Shishova, A. V. (2003) Generalissimus Suvorov Moscova, p. 4
  3. Zamostianov, Arsenii (2013) Geniy voyny Suvorov:Nauka pobezhdat Litres, p. 12
  4. Cracraft, James (2009) The Petrine Revolution in Russian Culture Harvard University Press, p. 135
  5. Cowley, Robert; Parker, Geoffrey, ed. (2001). The Reader's Companion to Military History. Houghton Mifflin Books. pp. 457. ISBN 0-618-12742-9. 
  6. Ledonne, John P. (2003). The Grand Strategy of the Russian Empire. Oxford University Press, p.144
  7. Alexander, John T. (1990). Catherine the Great: Life and Legend. Oxford University Press, p.317
  8. A. F. Petrushevsky. "Generalissimo Prince Suvorov" Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine., chapter "Polish war: Praga, 1794 Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.", originally published 1884, reprinted 2005, ISBN 5-98447-010-1
  9. Janusz Tazbir, Polacy na Kremlu i inne historyje, Iskry, 2005, ISBN 83-207-1795-7
  10. John Leslie Howard, Soldiers of the Tsar: Army and Society in Russia, 1462–1874, Keep, Oxford University Press, 1995, p. 216 ISBN 0-19-822575-X