Saltar ao contido

Joachim Streich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoachim Streich

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1951 Editar o valor en Wikidata
Wismar, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 2022 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Leipzig, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña (1990–2022)
República Democrática Alemá (1951–1990) Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Democrática Alemá
Alemaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivafútbol Editar o valor en Wikidata
LigaDDR-Oberliga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1969-1975 F.C. Hansa Rostock 141(58)
1975-1985 1. Fußball-Club Magdeburg (pt) Traducir 237(171) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1969-1984   Selección de fútbol da República Democrática Alemá 98(53) Editar o valor en Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
1985-1990 1. Fußball-Club Magdeburg (pt) Traducir
1990-1991 Eintracht Braunschweig
1991-1992 1. Fußball-Club Magdeburg (pt) Traducir
1996-1997 FSV Zwickau (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974
1972Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor en Wikidata

FIFA: 44670 UEFA: 36200 Editar o valor en Wikidata

Joachim Streich, nado o 13 de abril de 1951 en Wismar, República Democrática Alemá, e finado o 16 de abril de 2022, foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi o xogador con máis encontros disputados e goles anotados da historia da Selección de fútbol da RDA.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

A súa carreira profesional transcorreu na Oberliga da extinta RDA, comezou a xogar con 16 anos no Hansa Rostock, debutando na Oberliga o 23 de agosto de 1969 contra o Dynamo Dresden. Militou no equipo do Mar Báltico oito tempadas, ao fin das cales foi traspasado ao 1. FC Magdeburg, nos dez anos que estivo no equipo proclamouse máximo goleador da Liga catro veces, gañou o Campionato nacional en tres ocasións (1978, 1979 e 1983) e disputou a Copa da UEFA. Foi votado Futbolista do ano da RDA en 1979 e 1983.

Debutou coa Selección de fútbol da RDA o 19 de decembro de 1969 nun encontro amigábel ante Iraq, porén non marcaría o seu primeiro gol ata setembro de 1971 ante Checoslovaquia en Berlín.

Formou parte do combinado nacional que gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1972 en Múnic e tamén participou no Mundial de Fútbol Alemaña 1974, disputando catro encontros e marcando dous goles.

Disputou o seu encontro número 100 o 12 de setembro de 1984 nun amigábel ante Inglaterra e finalmente retirouse con 102 encontros disputados coa selección un mes despois. Porén, en 1999 a FIFA invalidou catro dos encontros dos Xogos Olímpicos de 1972, polo cal so lle recoñece 98, pero a Federación de fútbol de Alemaña segue a recoñecelo como un dos poucos xogadores que chegaron a disputar 100 encontros coa súa selección.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Unha vez retirado do fútbol comezou a adestrar o último equipo no que xogara, o 1. FC Magdeburg, no mesmo ano. Así dirixiu o equipo dende 1985 ata 1990, cando fichou polo Eintracht Braunschweig. Porén so estivo un ano nese equipo, volvendo ao Magdeburg á tempada seguinte, porén volvería a deixar o equipo pronto, estando uns anos sen dirixir profesionalmente ningún equipo.

Finalmente adestrou o FSV Zwickau na tempada 1996-1997.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]