Paulo II, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Paulus PP. II |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Pietro Barbo 23 de febreiro de 1417 Venecia |
Morte | 26 de xullo de 1471 (54 anos) Roma |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Grutas vaticanas |
Abade de Montecassino | |
O suxeito ten un papel: abade comendatario 1465 – 1471 | |
211º Papa | |
30 de agosto de 1464 (Gregoriano) – 26 de xullo de 1471 (Gregoriano) ← Pío II – Sisto IV → | |
Camarlengo do Colexio Cardenalicio | |
1460 (Gregoriano) – 1461 ← Juan de Mella (pt) – Alessandro Oliva (pt) → | |
Bispo de Pádua (pt) | |
9 de marzo de 1459 – 26 de marzo de 1460 ← Fantino Dandolo (pt) – Jacopo Zeno (pt) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Padua (en) | |
Cardeal presbítero San Marco | |
16 de xuño de 1451 – 30 de agosto de 1464 ← Angelotto Fosco (pt) – Marco Barbo (pt) → | |
Roman Catholic Bishop of Vicenza (en) | |
16 de xuño de 1451 – 30 de agosto de 1464 ← Francesco Malipiero (en) – Marco Barbo (pt) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Vicenza (en) | |
Camarlengo do Colexio Cardenalicio | |
13 de agosto de 1445 – 7 de outubro de 1446 ← Alberto Alberti (pt) – Juan de Torquemada → | |
Archpriest of St. Peter's Basilica, Vatican City (en) | |
1444 – 1464 ← Giuliano Cesarini, o Velho (pt) – Richard Olivier de Longueil (pt) → | |
Abade Abbey of Santa Maria in Sylvis (en) | |
O suxeito ten un papel: abade comendatario 1441 – 1464 | |
Administrador apostólico | |
1 de xullo de 1440 – 19 de xuño de 1451 Diocese: Roman Catholic Diocese of Cervia (en) | |
Cardeal diácono Santa Maria Nova (pt) | |
1 de xullo de 1440 – 16 de xuño de 1451 ← Giacomo Isolani (pt) – Francesco Gonzaga (1444–1483) (pt) → | |
Cardeal-sobrinho (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Venecia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico , numismático |
Consagración | Niccolò Fortiguerra (pt) |
Participou en | |
28 de agosto de 1464 | conclave de 1464 |
16 de agosto de 1458 | conclave de 1458 |
4 de abril de 1455 | conclave de 1455 |
4 de marzo de 1447 | conclave de 1447 |
Familia | |
Pais | Nicolo Barbo (en) e Polissena Condulmer (en) |
Parentes | Uxío IV (tío) |
Paulo II, nado como Pietro Barbo en Venecia o 23 de febreiro de 1417 e finado en Roma o 26 de xullo de 1471, foi o Papa n.º 211 da Igrexa católica entre 1464 e 1471.
Orixe e formación
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa carreira eclesiástica co nomeamento do seu tío como o Papa Uxío IV, o que lle permitiu unha rápida promoción, pasando de arquidiácono en Boloña a bispo de Cervia e Vicencia, e finalmente, en 1440, cardeal.
Papado
[editar | editar a fonte]Foi elixido pontífice de xeito unánime o 30 de agosto de 1464. Prestou xuramento comprometéndose a abolir o nepotismo imperante na Curia, a mellorar a moral no Vaticano, a batallar contra o Imperio Otomán e a reunir un concilio ecuménico antes de tres anos. Porén, os termos dese xuramento foron modificados por Paulo paulatinamente ao longo do pontificado, o que lle valeu a perda de confianza do colexio cardinalicio.
Quixo utilizar o nome de Formoso II ("Fermoso" en latín), xa que estaba completamente convencido da súa beleza, pero os cardeais convencérono para que deixase a súa vaidade, e optou polo nome de Paulo.
En 1466, intentando desfacerse dos servizos duplicados no Vaticano, procedeu a pechar o colexio de compendiadores que se encargaba de redactar os documentos papais, o que provocou unha vaga de indignación entre os poetas e retóricos da cidade que eran os que prestaban tales servizos. O poeta Platina foi encarcerado tras escribir unha carta ameazante ao Papa, e se ben foi posteriormente liberado, foi novamente encarcerado ao ano seguinte acusadon de conspirar contra o pontífice, sendo torturado xunto a outros compendiadores. En vinganza, Platina escribiu Vitae pontificum, unha biografía moi negativa de Paulo II.
O cronista Stefano Infessura presentou a Paulo II como oposto aos humanistas, amante do esplendor e das diversións populares como o entroido, que introduciu en Roma. Non obstante, cómpre ter en conta que o cronista, polo seu pensamento republicano e contrario ao papado, supón unha fonte de información pouco imparcial.
Porén, hai que recoñecer ao Papa o seu estrito sentido de equidade, as súas reformas na administración municipal, e a súa loita contra os subornos oficiais no seo da Igrexa.
Paulo II estableceu durante o seu pontificado a celebración do xubileu cada vinte e cinco anos, e intentou infrutuosamente organizar unha cruzada contra o Imperio Otomán.
As profecías de San Malaquías refírense a el como De cervo et leone (do cervo e o león), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi bispo de Cervie e cardeal de San Marcos, que ten por símbolo un león, e a que no seu escudo de armas aparece así mesmo un león.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paulo II, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |