Thinocorus
Thinocorus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parellas de Thinocorus orbignyanus (esquerda) e Thinocorus rumicivorus (esquerda), lámina do libro The birds of South America | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Thinocorus é un xénero de aves da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, un dos dous integrados na familia dos tinocóridos.
Trátase de pequenos limícolas gregarios que se adaptaron a unha dieta herbívora.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1829 polo médico, botánico, zoólogo, anatomista, explorador e entomólogo, do grupo dos alemáns do Báltico do Imperio Ruso, Johann Friedrich von Eschscholtz.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Thinocorus está formado pola unión dos elementos Thin- e -corus (cun -o- epentético parta facilitar a pronuncia). O primeiro está tomado do grego antigo θιν-, thin-, "esta beira", "banco de area", e o latín vulgar -corus, derivado irregular do grego antigo κόρυς kórys "helmo", "casco", "cabeza".[3]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende tan só dúas especies,[1][2] propias de Suramérica:
Imaxe | Nome científico | Distribución |
---|---|---|
Thinocorus orbignyanus (Saint-Hilaire & Lesson, 1831) | Arxentina, Bolivia, Chile e Perú. | |
Thinocorus rumicivorus Eschscholtz, 1829 | Arxentina, Bolivia, Chile e Perú. |
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]As súas dúas especies teñen unha distribución suramericana, nas rexións andina e patagónica.[4]
Habitan nunha variedade de ambientes, incluíndo prados, estepas herbáceas, desertos semiáridos e hábitats alpinos.[4]
Características
[editar | editar a fonte]A dúas especies son pequenos limícolas gregarios que se adaptaron a unha dieta herbívora.
Teñen cabezas pequenas e picos curtos. Aínda que son herbívoros as sementes non son unha parte importante da súa dieta.[4] Porén, sábese que a especie Thinocorus rumicivorus se alimenta dos pétalos carnosos das flores de Calceolaria uniflora, unha especie da familia das escrofulariáceas. No proceso de alimentárense destes apéndices, ricos en azucre, contribúen á polinización das flores.[5]
Teñen unha aparencia semellante á do paspallás e ás perdices, pero teñen as ás máis longas.[4] O seu tamaño vai desde o dun pardal común até o dunha becacina cabra. Teñen as patas curtas, pero cos dedos longos. A cor da súa plumaxe é xeralmente críptica. Hai certo dimorfismo sexual na plumaxe das especies de Thinocorus: os machos teñen a cara, o pescozo e o peito grises.
As femias poñen 2 ou 3 ovos nun niño consistente nun oco pouco profundo escavado no chan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Thinocorus Eschscholtz, 1829 na BioLib. Consultada o 12 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Thinocorus Eschscholtz, 1829 no GBIF. Consultado o 12 de setembro de 2022.
- ↑ Thinocorus no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Fjeldså, J. (1996): "Family Thinocoridae (Seedsnipes)" en del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J., eds. Handbook of the Birds of the World. Volume 3: Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-420-2.
- ↑ Sérsic, A. N. & Cocucci, A. A. (1996): "A Remarkable Case of Ornithophily in Calceolaria: Food Bodies as Rewards for a Non-nectarivorous Bird". Botanica Acta 109 (2): 172–176.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thinocorus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Thinocorus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.
- Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.