Axuda:Como contactar con outros usuarios
A comunicación entre os colaboradores da Galipedia favorece a boa marcha do proxecto. Aqueles que levan máis tempo traballando no Wiki, non só agradecen e están en disposición de apoiar a calquera do resto de compañeiros, senón que perciben como un excelente indicio de interese e responsabilidade que un novo usuario se poña en contacto con eles persoalmente ou responda as mensaxes que lles envían. Os seguintes apuntamentos están destinados a facilitar ese contacto.
Contactar na Taberna
[editar | editar a fonte]Tamén é posible facer preguntas ou observacións na Taberna. O procedemento é sinxelo:
- Accede a Wikipedia:A Taberna.
- Preme enriba da lapela editar (na parte superior da páxina).
- Vai ó final da páxina e escribe o contido que desexes.
- Ó rematares de escribir, asina facendo clic no penúltimo botón que está por riba da barra de edición (ten unha sinatura por debuxo).
- Garda os cambios que realizaches premendo en "Gardar a páxina".
Contactar cun usuario
[editar | editar a fonte]Tódolos usuarios teñen unha páxina persoal (Usuario:Nome de usuario) e unha páxina de conversa (Conversa Usuario:Nome de usuario) para que os demais usuarios se dirixan a el. O procedemento para contactar persoalmente con outro usuario, pode realizarse de diversos xeitos.
- Accede á páxina de conversa do usuario:
- Se sabes o nome de usuario co que desexas contactar, podes facer unha busca escribindo na caixa de procura Conversa Usuario:Nome de usuario.
- Se por un casual accedes á páxina de usuario (Usuario:Nome de usuario) do usuario co que desexas contactar, repara en que, se premes na lapela conversa que está na parte superior da páxina, accedes á súa páxina de conversa.
- Facendo clic na sinatura dos usuarios accederás ben á súa páxina de usuario,ben á súa páxina de conversa.
- Preme enriba da lapela nova sección (na parte superior da páxina).
- Ó rematares de escribir, asina premendo no botón que ten como debuxo un lapis azul asinando.
- Garda os cambios que realizaches premendo en "Gardar a páxina".
Tamén podes dar aviso dos teus comentarios a outros usuarios se pos dentro do mesmo unha ligazón ás súas páxinas de conversa. Ó facer iso o Sistema de Notificación da Galipedia deixaralles unha nota que verán a seguinte vez que accedan ó sistema.
Volver á páxina de axuda. |