Saltar ao contido

.gal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.gal
Ano de creación2009-2010
En servizo desde12 de abril de 2014
25 de xullo de 2014
TipoDominio de primeiro nivel
EstadoAprobado
RexistradorAsociación Puntogal
PatrocinadorAsociación Puntogal
FinalidadeWebs galegas e en galego
PaísGalicia Galicia
WebDominio.gal
editar datos en Wikidata ]

O dominio .gal é un dominio de Internet de primeiro nivel que forma parte do sistema de dominios de Internet patrocinados (sponsored TLD en inglés) para a lingua galega e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente pola ICANN o 14 de xuño de 2013. O novo dominio é utilizado para webs en galego fundamentalmente, tal e como está determinado nas normas da ICANN. Entrou en funcionamento o 16 de maio de 2014 coa páxina www.dominio.gal.[1]

O caso do dominio catalán

[editar | editar a fonte]

A aprobación do dominio catalán, o .cat. Para acadar este dominio foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil, empresarial, e política catalá. Unha cantidade de asociacións culturais, empresariais, e fundacións, así como persoas de tódalas condicións sumáronse a tal proxecto, que contou cun importante apoio institucional, contando co apoio do Estado español, ao ser consultado pola ICANN.

Asociación Puntogal

[editar | editar a fonte]
Presentación en xullo de 2014 das primeiras 93 webs que empregarán o dominio .gal.

Puntogal (de ".gal") é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa finalidade é a creación dun dominio de Internet patrocinado específico para a cultura galega. Constituíuse o 10 de xuño de 2006 e está formada por varias institucións e asociacións galegas; propón o uso do dominio de primeiro nivel .gal para as páxinas en galego. Está presidida por Manuel González González (exsecretario do Instituto da Lingua Galega e exsecretario e ex-tesoureito da RAG).

PuntoGal é ademais a entidade xestora do dominio galego. Como rexistro, ten entre as súas funcións manter operativos todos os nomes rexistrados baixo o paraugas de .GAL cumprindo as distintas normativas internacionais de funcionamento da rede.

O dominio ".gal" correspondería á comunidade galega, nun senso xeral, en función dun criterio de ser unha comunidade con fortes vencellos (lingüísticos, culturais, históricos, sociais), e independentemente de ningún criterio xeográfico. A proposta puntogal non está relacionada coa proposta dun dominio xeográfico de dúas letras (.gz, por exemplo), dominios para os que é necesario ser un estado recoñecido polas Nacións Unidas ou algunha das súas axencias.

En 2007 foi galardoada co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra.

Funcións de PuntoGal

[editar | editar a fonte]

PuntoGal xestiona o rexistro e fomenta a venda de dominios .GAL co obxectivo de crear e manter unha comunidade relevante arredor da lingua e a cultura galegas.

A ICANN (Axencia de Internet para a asignación de nomes e números) é a autoridade internacional que xestiona os dominios da rede, entre outras funcións de regulamentación de Internet. Esta entidade non gobernamental, onde está representada toda a industria da rede, delega cada rexistro nunha entidade que cumpre todos os seus requisitos técnicos, operativos e económicos. Isto é necesario para que calquera rexistrador –as empresas que venden dominios ao público xeral- poidan solicitar ter o .GAL no seu catálogo con todas as garantías de funcionamento.

Como entidade sen ánimo de lucro, PuntoGal destina unha parte importante dos recursos económicos que obtén da venda de dominios, unha vez pagadas as partidas dedicadas ao funcionamento do rexistro, ao seu programa de acción corporativa con entidades da lingua, a cultura, a tecnoloxía ou calquera outro ámbito relacionado co país.

Como membro activo da comunidade de Internet a nivel global, representa a Galicia ante organismos internacionais que deciden sobre o funcionamento da rede ou o seu futuro, como é o caso da ICANN.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Xoán Manoel Pintos, entregado polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua, pola promoción da lingua galega.
  • Premio do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, entregado polo Colexio Profesional de Enxeñeiros Informática de Galicia, cunha mención especial pola consecución do dominio .GAL.
  • Premio San Martiño de Normalización Lingüística, na categoría de Galicia Enteira, entregado pola Asociación Cultural o Brado de A Estrada.
  • Premio da Cultura Galega en 2013, na Categoría de Lingua, entregado pola Consellería de cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Premio Manuel Beiras, cunha distinción Especial á Asociación PuntoGal, entregado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, para empresas que usan o galego nas súas comunicacións.
  • Socio de Honra da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
Anuncio da aprobación do novo dominio .gal o sábado 15 de xuño de 2013 en Santiago de Compostela.

O dez de xuño de 2006 foron varias as entidades fundadoras da asociación que puxeron en marcha a candidatura. Naquel pequeno acto sentáronse as bases que mantiveron vivo o proxecto durante este sete anos. Entre elas, o propósito firme de que a entidade que xestionará o dominio se autofinancie e reinvista os beneficios obtidos en promover a lingua e a cultura galegas.

O .gal foi apoiado pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura, as tres universidades galegas, os distintos gobernos da Xunta de Galicia, centros de investigación, asociacións de empresas de novas tecnoloxías, colexios profesionais, medios de comunicación e por ducias de colectivos de base, a candidatura do dominio sentiuse sempre apoiada pola sociedade con máis de 12 000 apoios. Dentro e fóra. Máis de vinte asociacións de galegos no exterior de países como Estados Unidos, Brasil, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina ou Uruguai están tamén detrás do dominio. O 16 de maio de 2014 presentouse a primeira páxina web do dominio .gal, www.dominio.gal, co gallo do Día de Internet e na véspera do Día das letras galegas.[2][3]

O 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, entraron en funcionamentos as primeiras webs .gal,[4] entre as que se atopan webs da Xunta de Galicia, múltiples concellos galegos, Compañía de Radio-Televisión de Galicia, partidos políticos, fundacións, equipos deportivos como o Real Club Celta e Deportivo da Coruña e outras varias webs, nun total de 93 dominios "pioneiros" seleccionados de entre unha multitude de peticións.[4]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
  1. Fernández, Marcus (7 de maio de 2014). Código Cero, ed. "A primeira páxina web creada baixo o dominio .gal presentarase o vindeiro día 16". 
  2. "As páxinas web pioneiras do .gal comezarán a funcionar o 25 de xullo". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  3. Benvido ó dominio .gal
  4. 4,0 4,1 Pérez Pena, Marcos (22 de xullo de 2014). Praza Pública, ed. "Dende o 25 de xullo, Praza.gal". 
  5. Galicia xa ten o .gal, nova en Praza Pública
  6. "ICANN delega o dominio .gal". 12 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  7. dominio.gal (ed.). "Xa somos máis de 4000 dominios .GAL". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]