A Perfect Getaway
A Perfect Getaway | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Perfect Getaway |
Director | David Twohy |
Produtor | Ryan Kavanaugh Mark Canton Tucker Tooley Robbie Brenner |
Guión | David Twohy |
Intérpretes | Timothy Olyphant Milla Jovovich Kiele Sanchez Steve Zahn Marley Shelton Chris Hemsworth |
Música | Boris Elkis |
Fotografía | Mark Plummer |
Montaxe | Tracy Adams Oliver Littlewood |
Estudio | Relativity Media |
Distribuidora | Rogue Pictures |
Estrea | 2009 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $14 000 000[1] |
Recadación | $22 852 638 |
Na rede | |
A Perfect Getaway é un filme estadounidense dirixido por David Twohy que se estreou no 2009.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cliff e Cydney son unha parella aventureira que está pasando a súa lúa de mel nunha das máis marabillosas e illadas praias de Hawai. Cren ter atopado o paraíso nas súas terras salvaxes e sendeiros solitarios, ata que se atopan cun asustado grupo de excursionistas que falan sobre o horrible asasinato dunha parella de casados nas illas, e comezan a preguntarse se quizais deberían volverse. Indecisos sobre que facer, Cliff e Cydney únense a outras dúas parellas, Nick e Gina e Kale e Cleo, e é cando as cousas comezan a ir de mal a peor. Lonxe da civilización ou de poder ser rescatados, cada un deles empeza a sentirse ameazado, sen saber xa en quen confiar. O paraíso convértese nun inferno terreal onde dá comezo unha batalla brutal pola supervivencia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Steve Zahn como Cliff/Rocky
- Timothy Olyphant como Nick
- Milla Jovovich como Cydney
- Kiele Sanchez como Gina
- Marley Shelton como Cleo
- Chris Hemsworth como Kale
- Anthony Ruivivar como Chronic
- Dale Dickey como Earth Momma
- Peter "Navy" Tuiasosopo como Supply Guy
- Wendy Braun como Debbie Mason
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)