Saltar ao contido

Acaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación de Acaz no Promptuarii Iconum Insigniorum de Guillaume Rouillé.

Acaz foi segundo a Biblia rei de Xudá, fillo e sucesor de Iotam aos vinte anos e reinou outros vinte anos en Xerusalén. Segundo Edwin R. Thiele Acaz foi correxente con Iotam desde o 736/735 a.C. e o seu goberno en solitario comezou no 732/731 a.C. e rematou no 716/715 a.C. William F. Albright datou o seu reinado do 735 ao 715 a.C. Segundo conta a Biblia tivo unha vida de perversión e introduciu moitos costumes pagáns e idólatras, pechando o templo ignorando os profetas Isaías, Oseas e Miqueas. Chamou na súa axuda ao rei asirio Teglatfalasar III, para rexeitar os ataques de Israel, Aram e Edom, razón pola que Xudá quedou sometida durante moitos anos a Asiria.