Saltar ao contido

Accipitriformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accipitriformes
Rango fósil: 50 Ma-0 Ma
Eoceno-presente[1]

No sentido das agullas do reloxo, desde arriba á esquerda: Haliaeetus leucocephalus, Circus cinereus, Clanga clanga, Harpia harpyja, Sagittarius serpentarius, Pandion haliaetus, Buteogallus schistaceus, Buteo galapagoensis, Gyps africanus (centro)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Clado :Accipitrimorphae
Orde: Accipitriformes
Vieillot, 1816
Mapa de diversidade de Accipitriformes (258 especies). O gradiente de cor (de claro a escuro) indica a riqueza en especies.[2]
Mapa de diversidade de Accipitriformes (258 especies). O gradiente de cor (de claro a escuro) indica a riqueza en especies.[2]

Mapa de diversidade de Accipitriformes (258 especies). O gradiente de cor (de claro a escuro) indica a riqueza en especies.[2]
Familias

Os Accipitriformes (do latín accipiter/accipitri- "gabián", e o neolatín -formes "que teñen a forma de") son unha orde de aves que inclúe a maioría das aves de presa diúrnas, entre elas os gabiáns, aguias, voitres e miñatos, pero non os falcóns (que se clasifican como falconiformes).

Durante longo tempo a opinión maioritaria dos ornitólogos era incluílos xunto cos falcóns na orde Falconiformes, pero moitas autoridades agora recoñecen como orde separada a Accipitriformes.[3][4][5][6] Un estudo de ADN publicado en 2008 indicou que os falcóns non están estreitamente relacionados cos Accipitriformes, senón que están máis próximos aos papagaios e paseriformes.[7] Desde entón, adoptouse a separación en dúas ordes taxonómicas e a colocación dos falcóns próximos aos papagaios de acordo co Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC)[8][9] e co Comité de Clasificación Suramericano (SAAC) da Sociedade Ornitolóxica Americana,[10][11][12] así como co seu Comité de Clasificación Norteamericano (NACC),[13][14]. A Unión de Ornotólogos Británicos xa recoñeceu como orde a Accipitriformes,[15] e adoptou o movemento de Falconiformes.[16] A proposta baseada no ADN e as clasificacións da IOC e NACC inclúen os voitres do Novo Mundo en Accipitriformes,[7][13], mentres que a SACC clasifícaos nunha orde separada, os Cathartiformes.

Características

[editar | editar a fonte]

Os Accipitriformes coñécense desde a metade do Eoceno[Cómpre referencia] e caracterízanse por ter un bico moi ganchudo cunha cera nos orificios nasais. As ás son longas e bastante anchas, axeitadas para o voo planado, coas catro plumas primarias externas emarxinadas.

Teñen fortes patas e pés con gadoupas raptoras e garras posteriores opoñibles. Case todos os Accipitriformes son carnívoros, cazando utilizando a vista durante o día ou ao solpor. Teñen unha duración da vida excepcionalmente longa e a maioría teñen baixas taxas reprodutivas.[Cómpre referencia]

As crías pasan por unha etapa longa para adquirir a plumaxe adulta pero de rápido crecemento, seguida de 3–8 semanas de coidados no niño despois de que fixeron o primeiro voo, e de 1 a 3 anos como adultos inmaturos. Os sexos teñen tamaños claramente diferentes e ás veces unha femia pesa o dobre que o macho. Este dimorfismo sexual é ás veces máis extremo en especies especializadas en cazar outras aves, como os Accipiter. A monogamia é a regra xeral, aínda que seleccionan unha parella alternativa se a outra morre.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Accipitriformes, actualmente con 262 especies e 75 xéneros e 4 familias existentes e posiblemente 1 familia extinta, é a orde de aves de presa diúrnas máis grande. As análises de secuencias de ADN suxiren que as diverxencias dentro de Accipitriformes empezaron aproximadamente no límite Eoceno/Oligoceno hai uns 34 millóns de anos, cunha división do grupo que incluía os xéneros Elanus e Gampsonyx do resto de xéneros de Accipitriformes.[17]

A orde inclúe as seguintes familias:

Orde Accipitriformes

Neoaves

Sagittariidae

Pandionidae

Accipitridae

Filoxenia baseada en Nagy, J. & Tökölyi, J. (2014).[18]

  1. Mayr G, Smith T. A diverse bird assemblage from the Ypresian of Belgium furthers knowledge of early Eocene avifaunas of the North Sea Basin. N Jb Geol Paläontol, Abh. 2019;291:253–281. doi: 10.1127/njgpa/2019/0801.
  2. Nagy, Jenő (2020). "Biologia Futura: rapid diversification and behavioural adaptation of birds in response to Oligocene–Miocene climatic conditions" (PDF). Biologia Futura 71 (1–2): 109–121. PMID 34554530. doi:10.1007/s42977-020-00013-9. 
  3. Voous 1973.
  4. Cramp 1980, pp. 3, 277.
  5. Ferguson-Lees & Christie 2001, p. 69.
  6. Christidis & Boles 2008, pp. 50–51.
  7. 7,0 7,1 Hackett et al. 2008.
  8. Gill & Donsker.
  9. Gill & Donsker 2014.
  10. Remsen et al.
  11. Remsen 2008.
  12. Nores, Barker & Remsen 2011.
  13. 13,0 13,1 Chesser et al. 2010.
  14. Chesser et al. 2012.
  15. Dudley et al. 2006.
  16. Sangster et al. 2013.
  17. Mindell, David; Fuchs, Jerome; Johnson, Jeff (2018). "Phylogeny, Taxonomy, and Geographic Diversity of Diurnal Raptors: Falconiformes, Accipitriformes, and Cathartiformes.". En Sarasola, José Hernán; Grande, Juan Manuel; Negro, Juan José. Birds of Prey Biology and conservation in the XXI century. Springer. pp. 3–32. ISBN 978-3-319-73744-7. doi:10.1007/978-3-319-73745-4. 
  18. Nagy, Jenő; Tökölyi, Jácint (2014). "Phylogeny, Historical Biogeography and the Evolution of Migration in Accipitrid Birds of Prey (Aves: Accipitriformes)". Ornis Hungarica 22: 15–35. doi:10.2478/orhu-2014-0008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]