Adrian Sherwood
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1958 (66 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | executivo dunha discográfica, produtor musical, compositor, disc-jóckey |
Xénero artístico | Dub |
Instrumento | Teclado |
Selo discográfico | On-U Sound Records (en) |
Premios | |
Páxina web | adriansherwood.com |
|
Adrian Maxwell Sherwood, nado o 20 de xaneiro de 1958 en Londres, é un produtor musical inglés especializado en música dub. Sherwood ten un distintivo estilo de produción baseado na aplicación de efectos e técnicas de mestura dub noutras formas de música electrónica ou música popular. Traballou cunha gran variedade de artistas de reggae ademais de facelo cos músicos Keith LeBlanc, Doug Wimbish e Skip McDonald. Sherwood remesturou temas de Coldcut, Depeche Mode, The Woodentops, Primal Scream, Pop Will Eat Itself, Sinéad O'Connor e Skinny Puppy.[1] No seu papel de produtor musical traballou con varios selos discográficos; porén, a súa discográfica máis coñecida é On-U Sound Records, que creou en 1979.[2] Sherwood foi membro da banda Tackhead. Segundo el, padece acusia conxénita que lle impide discriminar tons, e céntrase en facer sons e ruídos en vez de melodía.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adrian Sherwood | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-04.
- ↑ "On-U Sound". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-04.
- ↑ "Adrian Sherwood @ Dubspot! Interview Workshop Recap: Talks Dub, Music Production + | Dubspot". Dubspot Blog (en inglés). 2012-02-14. Consultado o 2019-12-04.