Saltar ao contido

Aeroporto de Sabadell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Aeroporto de Sabadell
IATA: QSA – ICAO: LELL
Sumario

O Aeroporto de Sabadell é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado nas proximidades da cidade de Sabadell e a 10 km de Barcelona.

Xunto ao aeroporto de Cuatro Vientos, é o máis importante de aviación xeral en España. Hai máis de 200 aeronaves con base no aeródromo, orixinando máis de 100 000 operacións anuais. Nel traballan máis de 400 persoas entre escolas, talleres, persoal de Aena etc.

Na actualidade está sendo remodelado segundo o Plan Director, o que nun prazo non maior de 4 anos converterao no aeroporto máis equipado no que á aviación xeral refírese. Neste aeroporto atópase o primeiro aeroclub de España, o Aeroclub Barcelona-Sabadell, con máis de 1000 socios e máis de 10 000 horas voadas anualmente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]