Airbus NSR
O Airbus NSR ("New Short Range") foi unha proposta de Airbus, presentada nos anos 2000, presentada para substituír o Airbus A320. Estaba previsto que o seu deseño comezase no ano 2014 e entraría en servizo ao redor do 2018[1]. En xaneiro de 2010 John Leahy, o responsable comercial da compañía, afirmou que Airbus non presentaría ningún modelo de fuselaxe estreita co fin de substituír a familia A320 antes de 2024/2015[2].
En decembro de 2010 Airbus acabou decantándose por unha remotorización do modelo existente en vez de desenvolver un novo avión, ao presentar oficialmente o Airbus A320NEO[3]. Esta decisión tomouse en parte debido a que o desenvolvemento dun novo deseño requiría duns prazos de tempo moito máis amplos fronte aos dunha remotorización[4][5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "flightglobal.com - THE 737 STORY: Smoke and mirrors obscure 737 and Airbus A320 replacement studies" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2006. Consultado o 18 de marzo de 2006.
- ↑ flightglobal.com - Airbus sees lifespan of at least 10 years for re-engined A320 (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ flightglobal.com - A320 NEO to have $7-8 million price premium (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ flightglobal.com - SINGAPORE 2010: Airbus targets early A320 re-engining decision, 2015 debut (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ Bloomberg News - Airbus to Deploy Superjumbo, Military Engineers for A320 NEO (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2014.