Ameixola
Ameixola | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Mactra stultorum (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Mactra corallina trigona Pallary, 1938 |
A ameixola (Mactra stultorum, Linnaeus 1758; antes Mactra corallina) é un molusco bivalvo da familia dos Máctridos (Mactridae), da orde Veneroida.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Semella unha ameixa de gran tamaño (ata 7 cm de lonxitude), de cuncha fráxil, delicada e equivalva, co umbo lixeiramente desprazado cara a adiante. O perfil é triangular, cos ángulos redondeados.
A cuncha é lisa e brillante, con liñas de crecemento concéntricas. É de cor crema ou abrancazada, con tonalidades púrpura e manchas radiais de cor marrón. O periostraco ten cor marrón clara ou agrisada. O interior é branco, marrón e ás veces púrpura.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribúese na costa europea do Atlántico, desde o norte de Noruega ata o Senegal, entrando no Mediterráneo e Mar Negro.
Vive en praias abertas de area limpa, na franxa inframareal ata profundidades de 100 metros.
É un molusco comestible pero de peor calidade que a ameixa. Péscase co rastro ou co sacho na baixamar.
Ríos Panisse recolleu os sinónimos seguintes: ameixola de area, ameixola brava, bicudo (por ser algo puntiaguda), rabioso e señorita, e tamén os nomes de cona de monxa (en Ribeira) e crica (en Sardiñeiro, Fisterra), metáforas sexuais non infrecuentes na denominación dos moluscos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ameixola |