Andrea Goldsmith
Andrea Goldsmith, nada en Oakland (California)[Cómpre referencia] no ano 1964 é unha profesora de enxeñaría eléctrica na Universidade Stanford, ostentando a cátedra do profesor Stephen Harris, con traballo seminal dentro da teoría da información, que permitiu ampliar a capacidade dos sistemas Wi-Fi e LTE durante o período 1990-2008.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A profesora Goldsmith é filla, á súa vez, do profesor emérito de enxeñaría mecánica da Universidade de California en Berkeley Werner Goldsmith, emigrante nado en Düsseldorf. Os avós paternos da profesora Goldsmith non puideron escapar da represión Nazi e faleceron retidos no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau.[3] . Goldsmith criada no Val de San Fernando destaca após estudos en enxeñaría na década do 1990 optimizando a capacidade dos sistemas wi-fi baixo unha análise teórica dos resultados de Claude Elwood Shannon.
Na actualidade Goldsmith leva publicados 160 journals, 320 papers revisados para a súa lectura en conferencias cientíticas e tres libros de texto. Sonlle asignadas 32 patentes.[4] Cofundou as empresas Plume Wi-Fi e Quantenna, así como exerce de asesora para as corporacións Crown Castle Inc., Interdigital Corp., Sequans e Cohere.
Campos de especialización
[editar | editar a fonte]Goldsmith foi a primeira enxeñeira en propor e desenvolver a teoría da modulación adaptativa en base a variacións temporais en telecomunicación. Así como novos modelos de canles MIMO e técnicas para a súa optimización.
Destaca a súa especialización no deseño de modulación e esquemas de codificación (MCS) así como táboas ou cuadraturas da amplitude de modulación (MQAM) indexada á relación sinal/ruído (SNR), empregadas en múltiples sistemas como o EDGE, Wi-Fi ou 3GPP/LTE.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ano de nacemento. Andrea Goldsmith"(en inglés)
- ↑ "Traballo Seminal A. Goldsmith, superior ás 2000 citas"(en inglés)
- ↑ "Werner Goldsmith"(en inglés)
- ↑ "A. Goldsmith" Arquivado 23 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)