Saltar ao contido

Aparello dixestivo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aparato dixestivo»)

Esquema das partes do aparello dixestivo.

O aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión de alimento, a súa dixestión para obter enerxía e nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios. Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación.

O aparato dixestivo difire substancialmente duns animais a outros. Algúns teñen estómagos con múltiples compartimentos, mentres que os estómagos doutros animais só están constituídos por unha soa cámara. O aparello dixestivo adoita dividirse nunha zona anterior, unha zona media e unha posterior, reflectindo a orixe embriolóxica de cada segmento.[1]

Anatomía e fisioloxía

[editar | editar a fonte]

O aparello dixestivo é un tubo longo, con importantes glándulas asociadas. A súa función é a transformación das grandes e complexas moléculas dos alimentos en substancias sinxelas e doadamente utilizables polo organismo. Dende a boca até o ano, o tubo dixestivo mide uns once metros de lonxitude.

Na boca xa comeza propiamente a dixestión. Os dentes trituran de xeito mecánico os alimentos, e as secrecións das glándulas salivares achegan líquidos e substancias que inician a súa descomposición química; a saliva contén enzimas que inician a hidrólise dos alimentos. Despois, o bolo alimenticio atravesa a farinxe, continúa baixando polo esófago e chega até o estómago, que é unha bolsa muscular cun volume dun litro e medio. En condicións normais, a mucosa do estómago segrega un potente zume gástrico, e o alimento convértese nunha pasta viscosa chamada quimo.[2]

Na saída do estómago, o tubo dixestivo alongase no intestino delgado, duns cinco metros de longo, aínda que moi enrolado sobre si mesmo. Na súa primeira porción, o duodeno, recibe as secrecións das glándulas intestinais, a bile e os zumes do páncreas. Todas estas secrecións conteñen unha gran cantidade de enzimas que degradan os alimentos e os converten en substancias sinxelas solubles.

O tubo dixestivo continúa coa parte chamada intestino groso, que mide un pouco máis de metro e medio de lonxitude. A súa porción final é o recto, que remata no ano, por onde se evacúan ó exterior os restos non absorbidos dos alimentos.[2]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

No estado máis primitivo do seu desenvolvemento, o aparello dixestivo adoita dividirse en tres partes: o intestino proximal, o intestino medio e o intestino distal.[3] O intestino proximal dá lugar ao esófago, o estómago, a metade proximal do duodeno, o fígado e o páncreas. O intestino medio dá lugar á metade distal do duodeno, o xexuno, o íleo, o cego, o apéndice e parte do colon. O endoderma do intestino distal dá lugar ao resto do colon e ao recto ata a liña ano-rectal.

Neste estado embrionario, o tubo dixestivo está envolto polo mesenterio. O mesenterio ventral dexenera durante o desenvolvemento agás no intestino proximal.[4] O mesenterio dorsal está formado por unha capa dupla de mesotelio que suspende o aparato dixestivo. Unha capa de mesotelio alíñase coa cavidade celómica (a futura cavidade peritoneal) formando o peritoneo parietal, que se aliña coa somatopleura e o peritoneo visceral, aliñado coa esplachnopleura (parede do aparello dixestivo composta de mucosa, submucosa e dúas láminas de músculo).

Enfermidades do aparello dixestivo

[editar | editar a fonte]
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O aparello dixestivo é un sistema fundamental dentro do corpo humano, xa que con base neste pódese desenvolver, aproveitar, asimilar e procesar todos os alimentos dende a boca ata o ano.

As enfermidades no sistema dixestivo (mesmo o cancro), polo xeral, son produto de factores externos, tales como a alimentación e infeccións, co que se pode deducir que a maioría das veces nas que ocorre unha anomalía é por produto do propio descoido e da pouca rigorosidade coa hixiene e a dieta.

Algúns trastornos do aparello dixestivo son:

  • Enfermidade celíaca (EC): Non é unha enfermidade unicamente dixestiva, senón un proceso de natureza autoinmune que afecta ao intestino e a diversos órganos e sistemas, de difícil diagnóstico. Está producida por unha intolerancia permanente ao glute, en persoas con predisposición xenética. Os síntomas dixestivos adoitan ser leves ou mesmo ausentes, especialmente a partir dos 2 anos de vida, pero poden desenvolverse numeroso síntomas e trastornos non dixestivos, polo que habitualmente non é recoñecida nin diagnosticada, a pesar de tratarse da enfermidade dixestiva crónica máis frecuente.[5][6][7][8]
  • Síndrome do intestino irritable (SII): Non é unha enfermidade propiamente dita,[9] senón un conxunto de trastornos funcionais do intestino que se caracterizan pola presenza de episodios recorrentes de dor abdominal, molestias acompañadas de inchazón abdominal e alteracións na frecuencia ou na consistencia das deposicións.[9][10] Non obstante, actualmente disponse de probas diagnósticas que falan a favor de que non é apropiado seguir considerando o SII como un trastorno puramente funcional.[11][12] Non é unha enfermidade psiquiátrica nin psicolóxica e non se demostrou a existencia de factores psicolóxicos que provoquen o SII ou que inflúan na súa aparición, aínda que estes factores si poden contribuír á deterioración da calidade de vida.[13]
  • Colite: Inflamación do intestino groso (colon), provocada por diversas causas. Os síntomas principais son a diarrea e as dores abdominais.[14]
  • Úlcera péptica (UP): Trátase dun defecto ou lesión da mucosa gastrointestinal, que se perpetúa como consecuencia da actividade ácido-péptica. As áreas de localización son fundamentalmente o estómago e o bulbo duodenal.[15]
  • Cancro de estómago: Trátase dunha das principais causas de mortalidade por cancro. Máis do 90% de todos os tumores de estómago débense ao adenocarcinoma gástrico (AG), provocado por unha complexa interacción entre a infección por Helicobacter pylori, a alimentación e a predisposición xenética. Os factores ambientais son responsables do 62% dos cancros gástricos e os factores hereditarios do 28%.[16]
  1. Lungs; Jean Hopkins, Charles William McLaughlin, Susan Johnson, Maryanna Quon Warner, David LaHart, Jill D. Wright (1993). Prentice Hall, ed. Human Biology and blood. Englewood Cliffs, New Jersey, USA. ISBN 0-13-981176-1. 
  2. 2,0 2,1 Equipo Editex 2010, p. 46.
  3. "Primitive Gut Morphogenesis". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2012. Consultado o 21 de maio de 2017. 
  4. A involución do mesenterio ventral do intestino proximal impide a formación do septum transversum
  5. Ludvigsson, JF; Card, T; Ciclitira, PJ; Swift, GL; Nasr, I; Sanders, DS; Ciacci, C (abril de 2015). "Support for patients with celiac disease: A literature review". United European Gastroenterol J 3 (2): 146-59. PMC 4406900. PMID 25922674. doi:10.1177/2050640614562599. 
  6. Coordinadora del grupo de trabajo: Dra. Isabel Polanco Allué. Sociedad Española de Gastroenterología, Hepatología y Nutrición Pediátrica. (2008). "Diagnóstico precoz de la enfermedad celíaca" (PDF). Ministerio de sanidade e consumo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2018. Consultado o 21 de maio de 2017.  |archiveurl= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |data-arquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |url-morta= redundantes (Axuda)
  7. Rodrigo, L; Garrote, JA; Vivas, S; et al. (6-9-2008). "Enfermedad Celíaca". Med Clin (Barcelona) 131 (7): 264-70. PMID 18775218. Arquivado dende o orixinal o 29-11-2014. Consultado o 21-05-2017. 
  8. Polanco Allué, I; Ribes Koninckx, C; Rodrigo Sáez, L; Riestra Menéndez, S; Fonseca Capdevila, E; Menchén Viso, L; Lo Iacono, O; Vivas Alegre, S; Ruíz de Morales, JM; Casellas Jordá, F; Esteban Luna, B; Márquez Infante, M; Martínez Álvarez, JR; Villarino Marín, A; Vanni Lorente, D; Vitoria Cormenzana, JC; Castaño González, L; Bilbao Catalá, JR; Arranz, E; Garrote, JA; Morón Flores, B; Megías Guijo, M; Sousa Martín, C; Sanz, Y; Marcos, A; Nova, E (2008). "Libro blanco de la enfermedad celíaca" (PDF). Consejería de Sanidad de la Comunidad de Madrid. ISBN 978-84-936109-4-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de maio de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  9. 9,0 9,1 Mearin, F; Montoro, MA (2012). "Síndrome de intestino irritable" (PDF). En Montoro Huguet MA y García Pagán JC, editores. Gastroenterología y Hepatología. Problemas comunes en la práctica clínica (Jarpyo Editores, S.A.): 523-68. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2017. Consultado o 21 de maio de 2017. 
  10. Hungin, AP; Molloy-Bland, M; Claes, R; Heidelbaugh, J; Cayley, WE Jr; Muris, J; Seifert, B; et al. (novembro de 2014). "Systematic review: the perceptions, diagnosis and management of irritable bowel syndrome in primary care--a Rome Foundation working team report". Aliment Pharmacol Ther 40 (10): 1133-45. PMID 25230281. doi:10.1111/apt.12957. 
  11. Saha, L (14-6-2014). "Irritable bowel syndrome: pathogenesis, diagnosis, treatment, and evidence-based medicine". World J Gastroenterol 20 (22): 6759-73. PMID 24944467. doi:10.3748/wjg.v20.i22.6759. 
  12. Quigley, EM; Abdel-Hamid, H; Barbara, G; Bhatia, SJ; Boeckxstaens, G; De Giorgio, R; Delvaux, M; et al. (maio-xuño de 2012). "A global perspective on irritable bowel syndrome: a consensus statement of the World Gastroenterology Organisation Summit Task Force on irritable bowel syndrome". J Clin Gastroenterol 46 (5): 356-66. PMID 22499071. doi:10.1097/MCG.0b013e318247157c. 
  13. Quigley, E; Fried, M; Gwee, KA; Olano, C; Guarner, F; Khalif, I; Hungin, P; Lindberg, G; Abbas, Z; Bustos Fernandez, L; Mearin, F; Bhatia, SJ; Hu, PJ; Schmulson, M; Krabshuis, JH; Le Mair, AW; (20 de abril de 2009). "WGO Global Guideline Irritable bowel syndrome: a global perspective" (PDF). World Gastroenterology Organisation Global Guideline. 
  14. MedlinePlus. "Colitis". Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  15. Lanas, A.; Fernández, A.; Sáinz, R. "Trastornos_relacionados_con_la_secrecion_gastrica_acida" (PDF). Asociación Española de Gastroenterología (AEGASTRO). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de abril de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  16. Elizalde, I.; Soriano, A.; Castells, A. "Tumores malignos del estómago" (PDF). Asociación Española de Gastroenterología (AEGASTRO). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de marzo de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]