Arques-la-Bataille
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Normandía | ||||
Departamento | Seine-Maritime | ||||
Distritos | arrondissement of Dieppe (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.480 (2021) (168,94 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921403 Q3550996 | ||||
Superficie | 14,68 km² | ||||
Altitude | 2 m-129 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 76880 | ||||
Páxina web | ville-arques-la-bataille.fr |
Arques-la-Bataille é unha comuna do departamento de Seine-Maritime, na rexión de Normandía, no noroeste de Francia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Arques está situada cerca da confluencia dos ríos Eaulne, Verenne e Béthune, a 6 km ao sueste de Dieppe.[1]
A unha altitude de entre os 2 e os 129 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 14,69 km2.[1]
Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2017, tiña unha poboación de 2 583 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 180 hab./km2.
Demografía
[editar | editar a fonte]Ano | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 2 729 | 2 807 | 2 646 | 2 734 | 2 539 | 2 528 |
Historia
[editar | editar a fonte]O centro da vila alberga un castelo que foi construído no século XI por Guillerme de Talou; o seu sobriño, Guillerme o Conquistador, considerándoo como unha ameaza para o seu poder, sitiouno e ocupouno. Tras cambiar de mans con frecuencia, pasou aopoder dos ingleses, que foron expulsados en 1449 tras unha ocupación de trinta anos. En 1589 o seu canón decidiu a batalla de Arques a favor do rei Henrique IV de Francia.[1]
Desde 1869 o castelo é propiedade estatal. A primeira liña de fortificación foi obra de Francisco I; a segunda liña e a torre remóntanse ao século XI.[1]
A igresxa de Arques, edificio do século XVI, conserva unha parede de pedra, estatuas, vidreiras e outros restos do Renacemento.[1]
Xusto nas aforas da cidade encóntrase o cemiterio da Commonwealth War Graves Commission da primeira guerra mundial, deseñado por J. R. Truelove, lugar onde repousan os cadáveres de 377 homes do South African Native Labour Corps.[1] [3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escudo de armas
-
Igrexa de Notre-Dame
-
Casas dos séculos XV e XVI, de estilo flamengo
-
Ruínas do castelo, dominando a cidade
-
Hemrique IV na batalla de Arques. Cadro de Jacob Bunel (1585–1614)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Arques-la-Bataille". Encyclopædia Britannica. 2 (11ª ed.). Cambridge University Press. p. 642.
- ↑ Populations légales 2017. Commune d'Arques-la-Bataille. INSEE.
- ↑ "World War I and the South African Native Labour Contingent". South African History Online.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arques-la-Bataille |