Saltar ao contido

Badaxoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBadaxoz
Badajoz (es) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 38°52′40″N 6°58′14″O / 38.87789, -6.970609
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Badaxoz Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalBadaxoz Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación150.190 (2023) Editar o valor en Wikidata (102,17 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.470 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porrío Xévora e Río Guadiana Editar o valor en Wikidata
Altitude185 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Cronoloxía
875
1834Concello de España Editar o valor en Wikidata
Evento clave
outubro de 1658Cerco de Badajoz (pt) Traducir
1705Siege of Badajoz (en) Traducir
1811Primeiro Cerco de Badajoz (pt) Traducir
22 de abril de 1811Second Siege of Badajoz (en) Traducir
18 de maio de 1811Second Siege of Badajoz, Part II (en) Traducir
1812Batalha de Badajoz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXosé de Nazaret Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Javier Fragoso Martínez (2013–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06001–06012 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico924 Editar o valor en Wikidata
Código INE06015 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webaytobadajoz.es Editar o valor en Wikidata

Badaxoz[1][2] (en castelán: Badajoz, en estremeño: Badajós), coñecida historicamente en galego como Badallouce[3][4], é unha cidade española, capital da provincia de Badaxoz, a máis meridional das dúas provincias de Estremadura. En 2020 tiña 150 984 habitantes.

Badaxoz está situado á beira do río Guadiana, e é a porta de entrada natural a Portugal desde a Meseta Central. Badaxoz é a cidade máis poboada de Estremadura. Situada ó suroeste de España, está conectada pola autovía A-5 coas dúas capitais ibéricas, Madrid (a 400 km) e Lisboa (a 230 km).

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista do río Guadiana dende a Alcazaba de Badaxoz.

Badaxoz está no suroeste da Península Ibérica e ao oeste da provincia á cal lle dá o nome, no límite con Portugal. Con 1440 km², é o terceiro municipio máis extenso de España, despois de Cáceres e Lorca. O centro urbano dista cinco quilómetros da fronteira de Caia, que recibe o nome do río que nesa zona separa España de Portugal. En termos xeolóxicos, está situada na Submeseta Sur. Foi fundada á beira do Guadiana sobre un outeiro de calcarias paleozoicas, labrado polo río até deixalo nun resalte cunha prominencia de 60 metros. Neste outeiro, denominado La Muela, levántase a Alcazaba de Badaxoz, un dos principais monumentos da cidade. O termo municipal de Badaxoz asenta sobre solos derivados dos depósitos terciarios, que empastaron os relevos paleozoicos. O centro da cidade está a unha altitude 182 metros. No resto do termo municipal, varía entre os 150 metros no tramo máis baixo do Guadiana e os 532 metros no pico Cancho de la Bandera, en Serra Luriana.

De acordo coa clasificación climática de Köppen o clima de Badaxoz é mediterráneo (Csa), ou mediterráneo continentalizado de acordo con outras fontes, por ter unha amplitude térmica notablemente maior que na costa mediterránea. Os invernos son relativamente fríos, con mínimas que chegan a baixar con certa frecuencia dos 0 °C e, polo tanto, coas consecuentes xeadas. Por outra banda, os veráns son calorosos, con máximas que poden superar en ocasións os 40 °C. As precipitacións son irregulares, cunha media anual ao redor dos 500 mm. Os meses máis chuviosos son os de novembro e decembro. En cambio, os veráns adoitan ser secos, con tan só algunhas precipitacións de carácter tormentoso xeralmente. No outono e primavera o clima é máis inestable que no resto do ano, producíndose con certa frecuencia tormentas. É frecuente, así mesmo, a aparición de néboas, especialmente persistentes no inverno, incluso durante varios días seguidos, ao estar situada a cidade en pleno val do Guadiana.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Badaxoz contaba en 2020 cunha poboación de 150 984 persoas. A pesar de ser a cidade con maior número de habitantes de Estremadura, presenta unha densidade de poboación relativamente baixa (104,52 hab/km²), debido á extensión do seu termo municipal, un dos máis grandes de España, con 1440,37 km². Aínda así, ten unha densidade maior cá do conxunto español (93,55 hab/km²). En comparación co dato estremeño, case cuadriplica a súa media, situada en 2020 en 25,56 hab/km².

Ademais da propia cidade, o concello inclúe pedanías, barrios e localidades de escasa poboación. Dos 26 núcleos integrados no municipio, só cinco superan os mil habitantes, alén da área urbana pacense.

Economía

[editar | editar a fonte]
Instalacións de IFEBA

O sector servizos é o dominante na cidade. O comercio nútrese de clientes procedentes da provincia e de Portugal. Debido á importancia das devanditas relacións comerciais co país veciño, en 2006 inaugurouse a nova instalación da Institución Feiral de Badaxoz (IFEBA), xunto á fronteira do río Caya. Tamén representa un importante nó de comunicacións entre dous países, e está previsto a construción dunha Plataforma Loxística e a chegada do tren de alta velocidade. A cidade conta, así mesmo, cun aeroporto, situado a 14 km do núcleo urbano, ampliado en 2009, un Palacio de Congresos e un parque acuático e de lecer, Aqua Badajoz. O chan industrial da cidade atópase concentrado case na súa totalidade nun gran polígono industrial, El Nevero, situado xunto á A-5, o cal se atopa continuamente en proceso de expansión. Nel están instaladas empresas dos sectores máis variados. Ademais, hai outros chans industriais nos accesos á cidade e en pequenos polígonos en barrios como San Roque.

No verán de 2007, presentouse o proxecto de construción da nova sede da Caja de Badajoz, que comezou a edificarse en outubro de 2008. Trátase dun centro financeiro que conta cun edificio de 88 metros de altura, o que o converteu no edificio máis alto de Estremadura.

Entidades culturais

[editar | editar a fonte]
  • Museo Estremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea, inaugurado o en 1995, contén coleccións de artistas españois, portugueses e iberoamericanos.
  • Museo Provincial de Belas Artes, situado en dúas casas palacianas do século XIX, conta con dous mil metros cadrados nos que se expoñen máis de 1200 pezas de pintura e escultura, que representan a máis de 350 artistas como Francisco de Zurbarán, Francisco de Goya, Pablo Picasso ou Salvador Dalí, entre outros.
  • Museo Arqueolóxico Provincial, situado no Palacio dos Duques da Roca, do século XVI.
  • Museo Metropolitano da Catedral, situado na Catedral de San Xoán Bautista.
  • Museo do Entroido de Badaxoz, inaugurado no entroido de 2007 na chamada Poterna de Menacho, conta cun percorrido pola historia do entroido pacense.
  • Museo Estremeño do Deporte
  • Arquivo Histórico Provincial de Badaxoz
  • Arquivo da Deputación Provincial de Badaxoz
  • Arquivo Municipal
  • Arquivos Eclesiásticos de Mérida-Badaxoz
Sede da Biblioteca de Estremadura, xunto ao conxunto monumental da mesquita-catedral.

Bibliotecas

[editar | editar a fonte]
  • Biblioteca de Estremadura (BIEx), dependente da Xunta de Estremadura, atópase no interior da Alcazaba de Badaxoz.

Eventos culturais

[editar | editar a fonte]

Festivais

[editar | editar a fonte]
  • Festival Ibérico de Cine (FIC)
  • Festival Ibérico de Música
  • Festival de Cine Gai e Lésbico de Estremadura
  • Festival Folclórico Internacional de Estremadura
  • Festival de Teatro de Badaxoz
  • Badasom, festival de flamenco e fado que busca conservar e defender o flamenco estremeño.
  • Jazziberia
  • Contempopránea, festival de música pop independente.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pacense.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Badallouce". 2016-05-30. 
  4. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Badallouce". Dicionario de dicionarios do galego medieval. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.