Saltar ao contido

Baltis Vallis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baltis Vallis
Imaxe de radar que amosa un segmento de 600 kms do Baltis Vallis.
Tipo de accidente xeolóxico Vallis
Accidente xeolóxico de Venus
Lonxitude 7 000 km [1]
Anchura 1–3 km[1]
Coordenadas 37,3° N 161,4 E [2]
Procedencia do nome Antiga denominación asiria para Venus.[2]

Baltis Vallis é unha sinuosa canle da superficie de Venus, cun ancho de entre 1-3 quilómetros e un longo de máis de 7 000 kms, algo máis longo có Nilo, o cal fai desta canle a máis longa de todo o Sistema Solar. Pensase que antigamente foi un río de lava.

A canle está situada nunha área consistente en grandes planicies e cristas sinuosas (Dorsa). A topografía da canle é ondulada, algunha veces ensanchase ó ir costa arriba, suxerindo que varias rexións polas que pasa a canle sufriron pulos de elevación e subdución dende que a canle se formou.

O comezo e o final da canle están escurecidos, así que non se coñece a súa lonxitude exacta. A canle foi inicialmente descuberta pola sondas soviéticas Venera 15 e 16, as cales detectaron (a pesar da súa resolución de só un quilómetro) unha canle de máis de 1 000 km. Estes accidentes xeolóxicos con forma de canle son moi comúns nas planicies de Venus. Nalgúns lugares semellan terse formado por lava que por fundido ou por erosión térmica construíron unha ruta a través das planicies da superficie. A meirande parte destas canles teñen entre 1–3 km de ancho. Aseméllanse nalgúns aspectos os serpeantes ríos terrestres, con meandros, arcos e segmentos abandonados. Con todo, as canles de Venus non son tan sinuosas coma os ríop terrestres. A meirande parte destas canles están parcialmente borradas por planicies de lava máis novas, facendo moi difícil identifica-lo nacemento da súas fontes. Algunha destas canles teñen asociadas vastas planicies escuras ó radar, que suxiren o fluxo no pasado de grandes volumes de material. Este tipo de canles semellan ser máis vellos có resto dos outros tipos de canles, xa que están normalmente cortadas por Dorsa (cristas) e fendas, e tamén están moitas veces borradas parcialmente por materiais volcánicos. Ademais, algunhas atravesan os chanzos de fallas, suxerindo que as planicies foron alteradas por movementos tectónicos locais despois da formación das canles.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA/JPL. "PIA00245: Venus - 600 Kilometer Segment of Longest Channel on Venus". Consultado o 10-02-2012. 
  2. 2,0 2,1 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Vallis, valles: Baltis Vallis on Venus". Consultado o 10-02-2012.