Saltar ao contido

Baselios Cleemis Thottunkal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBaselios Cleemis Thottunkal

(2013) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ml) ബസേലിയോസ്‌ ക്ലീമിസ് Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Tiruvalla, India (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cardeal
24 de novembro de 2012 –
Arcebispo católico
2006 –
← Geevarghese Timotheos Chundevalel (en) Traducir
Bispo diocesano
2003 – 2006
← Geevarghese Timotheos Chundevalel (en) Traducir
Bispo titular
18 de xuño de 2001 –
Diocese: Chaialum (en) Traducir
Bispo auxiliar
18 de xuño de 2001 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igreja Católica Siro-Malancar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade de San Tomé de Aquino Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2001–), sacerdote católico (1986–), diácono (1985–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónCyril Baselios (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
marzo de 2013conclave de 2013 Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Baselios Cleemis Thottunkal (en malayalam: ബസേലിയോസ് കര്‍ദ്ദിനാള്‍ ക്ലിമ്മീസ്), nado o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor (distrito de Pathanamthitta Kerala, India) é un eclesiástico católico siro-malankar, arcebispo maior de Trivandrum da Igrexa Católica Siro-Malankara dende 2007, e cardeal dende 2012.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu como Isaac Thottunkal o 15 de xuño de 1959 en Mukkoor, unha vila do distrito de Pathanamthitta no estado de Kerala.

O 11 de xuño de 1986 foi ordenado sacerdote polo bispo de Battery Cyril Baselios Malancharuvil.

O 18 de xuño de 2001 foi nomeado bispo auxiliar de Trivandrum e bispo titular de Chaialum. Recibiu a ordenación episcopal o 15 de agosto do mesmo ano, de mans do arcebispo de Trivandrum Cyril Baselios.

O 11 de setembro de 2003 foi nomeado bispo de Tiruvalla. Cando a sé foi elevada a arquieparquía, o 15 de maio de 2006, foi nomeado arcebispo metropolitano.

O 8 de febreiro de 2007 foi elixido arcebispo maior de Trivandrum polo Sínodo da Igrexa Católica Siro-Malankara. A súa elección foi aceptada por Bieito XVI ao día seguinte, e feita pública o 10 de febreiro.

O 24 de novembro de 2012 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de San Gregorio VII.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]