Batalla de Winwaed
A Batalla de Winwaed (en galés: Maes Gai, en latín Strages Gai Campi[1]) librouse o 15 de novembro de 655 (ou 654) entre os reis Penda de Mercia e Oswiu de Northumbria, obtendo a derrota e morte de Penda.
Historia
[editar | editar a fonte]O choque foi un dos máis importantes entre os primeiros reinos anglosaxóns do norte e do sur de Gran Bretaña, pero coñécense poucos detalles. Os dous exércitos enfrontáronse nas marxes dun río chamado "Winwaed", pero este río nunca foi identificado a pesar do feito de que, posibelmente, fose un afluente do río Humber [2].
As raíces da batalla pódense atopar no crecente poder de Penda en Inglaterra despois de varias vitorias militares sobre o anteriormente dominante reino de Northumbria. Aliados con Cadwallon ap Cadfan do Reino de Gwynedd, derrotou e matou a Edwin de Northumbria en Hatfield en 633, e máis tarde tamén derrotou e matou a Oswald de Bernicia na Batalla de Maserfield en 642. Esta batalla marcou o final da supremacía do reino de Northumbria e nos anos que se seguiron Penda estaba centrado na súa campaña contra Bernicia, chegando a sitiar Bamburgh.
Batalla
[editar | editar a fonte]Penda, despois de reunir os seus aliados de Anglia oriental e do país de Gales, marchou cara ao norte, levando unha forza de trinta señores da guerra.[3] Oswiu, irmán de Oswald e o rei de Bernicia, a parte norte de Northumbria, foi asediado por Penda nun lugar chamado Urbs Iudeu e levou o fillo de Oswiu, Egfrid como refén. Ao parecer Oswiu estaba o suficientemente desesperado como para ofrecer grandes tesouros a Penda a cambio da paz. Segundo Beda, a oferta foi rexeitada por Penda, que estaba determinado a destruír a Oswiu. Pero a Historia Brittonum contradi a Beda, dicindo que Penda aceptou e distribuíu o tesouro entre os seus aliados británicos. Se aceptarmos esta versión, os eventos posteriores poden interpretarse entendendo que Penda e o seu exército estaban volvendo a casa, cando foron emboscados preto do río Winwaed. Arguméntase que Penda e o seu exército estarían nunha posición estratéxica difícil de defender durante a súa retirada, dando a Oswiu unha oportunidade para atacar demasiado boa como para deixala escapar.
É case seguro que o pequeno exército de Oswiu estaba inicialmente en desvantaxe numericamente fronte ao de Mercia, pero Penda sufriu as desercións dos seus aliados. Segundo a Historia Brittonum, Cadafael ap Cynfeddw de Gwynedd abandonouno e Beda di que Aethelwald de Deira se retirou da batalla para esperar o resultado desede un lugar seguro. Penda foi totalmente derrotado, e tanto el como Ethelhere, rei de Anglia Oriental, foron mortos, xunto con preto de trinta outros duces regii. A batalla disputouse na lama das marxes do río despois dunhas choivas, moi pesados e Beda di que "moitos máis foron afogados, no canto de destruídos pola espada". Beda menciona que a Penda lle cortaron a cabeza. No século XII, Henry de Huntingdon amplía a versión de Beda para incluír unha intervención sobrenatural e observou que Penda, ao morrer violentamente no campo de batalla, veu a sufrir o mesmo destino que tiña inflixido aos demais durante o seu violento reinado[4].
Os eventos posteriores
[editar | editar a fonte]A batalla foi decisiva para establecer as posicións de poder de Northumbria e Mercia. Northumbria recuperou o poder perdido tras a batalla de Maserfield e Mercia foi derrotada e dividida, quedando o norte so o poder de Oswiu e o sur baixo o poder do fillo de Penda, Peada, rei cristián, casado cunha princesa de Bernicia e que sería asasinado en 656.
A batalla marcou tamén o final do paganismo anglosaxón. Penda continuara fiel ao paganismo tradicional, malia a conversión doutros monarcas anglosaxóns. Pero despois da súa morte, todos os reis que gobernarán (incluíndo os seus fillos Peada, Wulfhere e Æthelred) foron cristiáns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Annales Cambriae [B], p. 8.
- ↑ Anglo-Saxon West Yorkshire:The historical background Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine., West Yorkshire Joint Services
- ↑ duces regnii XXX, qui ad auxilium uenerant Beda, libro III, cap. 24.
- ↑ Venerabilis Baedae Historia ecclesiastica gentis Anglorum, ed.