Beizo leporino
Aparencia
Beizo leporino | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Neno con beizo leporino | |
DiseasesDB | 29604 |
MedlinePlus | 001051 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Denomínase beizo leporino, beizo fisurado, ou fisura labial ó defecto conxénito que consiste nunha fendedura ou separación no beizo superior. O beizo leporino orixínase pola fusión incompleta dos procesos maxilar e nasomedial do embrión e é un dos defectos de nacemento máis frecuentes (constitúe aproximadamente o 15% das malformacións conxénitas). Preséntase, frecuentemente, acompañado de padal fendido ou fisura palatina.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Beizo leporino (do lat. leporīnus, da lebre) quere dicir «beizo de lebre», pois ese animal ten o beizo superior cortado no centro. Durante moito tempo este foi o termo utilizado para denominar á fisura labial. Porén, en anos recentes os dous termos usáronse para referirse á mesma condición.[1]