BibTeX
, escrito BibTeX en caracteres normais, é unha ferramenta para darlle formato ás listas bibliográficas. A ferramenta BibTeX utilízase normalmente xunto co sistema de preparación de documentos (LaTeX).
BibTeX foi creado por Oren Patashnik e Leslie Lamport en 1985. BibTeX pretende que resulte doado citar fontes de maneira consistente separando a información bibliográfica da presentación desta información. O mesmo principio de separación de contido e presentación/estilo é o que empregan o mesmo LaTeX, XHTML, CSS etc.
Ficheiro de información bibliográfica: .bib
[editar | editar a fonte]BibTeX usa un formato de ficheiro baseado en texto e independente do estilo para listas de bibliográficas, como artigos, libros ou teses. Os ficheiros de bibliografías en BibTeX normalmente rematan en .bib
.
Os elementos da bibliografía incluídos nun ficheiro .bib
están divididos dependendo dos tipos. Practicamente todos os estilos bibtex recoñecen os tipos seguintes:
- article: Un artigo dunha publicación periódica.An article from a journal or magazine.
- book: Un libro con editora explícita. Campos requiridos: autor ou editor, título, editora, ano.
- booklet: Unha obra que está impresa e encadernada, mais sen editora ou institución coñecida.
- conference: O mesmo que inproceedings, incluído por compatibilidade coa linguaxe de etiquetaxe Scribe.
- inbook: Unha parte dun libro, que pode ser un capítulo (sección etc.) e/ou un rango de páxinas.
- incollection: Unha parte dun libro con título propio.
- inproceedings: Un artigo nas actas dun congreso.
- manual: Documentación técnica
- mastersthesis: Unha memoria de licenciatura
- misc: A utilizar se non cadra ningún dos outros.
- phdthesis: Unha tese doutoral.
- proceedings: As actas dun congreso.
- techreport: Un informe publicado por un centro educativo ou outra institución, normalmente numerado dentro dunha colección.
- unpublished: Un documento con autor e título, mais non publicado formalmente.
Ficheiro de estilo bibliográfico: .bst
[editar | editar a fonte]Os ficheiros de estilo de BibTeX, que normalmente teñen o prefixo .bst
, escríbense nunha linguaxe de programación simple, baseada en pillas, que describe como habería que formatar os elementos da bibliografía. O programa de BibTeX bibtex
daralles entón o formato aos elementos bibliográficos seguindo este ficheiro de estilo, normalmente xerando comandos de formato en TeX ou LaTex. Existen tamén ficheiros de estilo para xerar saída en HTML.
Exemplo
[editar | editar a fonte]Un ficheiro .bib
podería conter a entrada seguinte, que describe un manual de matemáticas.
@Book{abramowitz+stegun, author = "Milton Abramowitz e Irene A. Stegun", title = "Handbook of Mathematical Functions with Formulas, Graphs, and Mathematical Tables", publisher = "Dover", year = 1964, addres = "Nova York", edition = "novena impresión de Dover, décima impresión de GPO", isbn = "0-486-61272-4" }
Se un documento fai referencia a este manual, a información bibliográfica pódese formatar de maneiras distintas dependendo do estilo de citación que se empregue (APA, MLA, Chicago etc.). LaTeX especifica os comandos \cite
e o estilo bibliográfico desexado no documento LaTeX. Se o comando \cite{abramowitz+stegun}
aparece dentro dun documento LaTeX, o programa bibtex
incluirá este libro na lista de referencias do documento e xerará o código de formato de LaTeX apropiado. Ao ver o documento en LaTeX xa formatado, o resultado podería ser algo así como:
- Abramowitz, Milton e Irene A. Stegun (1964), Handbook of mathematical functions with formulas, graphs, and mathematical tables. Nova York: Dover.
Dependendo do ficheiro de estilo, BibTex pode redistribuír os apelidos dos autores, usar só maiúsculas ou minúsculas, omitir algúnss campos presentes no ficheiro .bib
, formatar o texto en cursiva, engadir puntuación etc. Dado que se utiliza o mesmo ficheiro para toda unha lista de referencias, a estas dáselle un formato consistente co mínimo esforzo da parte dos autores ou editores.
Ficheiros de estilo para diferentes usos
[editar | editar a fonte]Existen moitos ficheiros de estilo xa preparados para diferentes publicacións. Para personalizar os estilos de citación aínda máis, pódense empregar os programas natbib ou makebst
.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bibtex.org (en inglés)