Bilurico patiamarelo pequeno
Bilurico patiamarelo pequeno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Totanus flavipes |
O bilurico patiamarelo pequeno[2][3] (Tringa flavipes) é unha ave limícola de tamaño medio da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa procede do nome neolatino que lle deu Aldrovandus en 1599 ao bilurico alinegro, que derivou do termo grego usado por Aristóteles trungas, referido a unha ave non perfectamente identificada. O nome específico flavipes procede do latín flavus, 'amarelo' e pes, `pés'.[4]
Esta especie é de aparencia similar á especie de maior tamaño bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca), aínda que está máis emparentado co moito máis grande Tringa semipalmata;[5] o padrón denso, claro e fino do seu pescozo en plumaxe reprodutora indica o parentesco entre estas especies.
É un limícola de medio tamaño que mide uns 27 cm de lonxitude. As patas son amarelas. Comparado co bilurico patiamarelo grande, o bico é máis curto (visualmente de aproximadamente o mesmo tamaño que a cabeza), delgado e recto de cor uniformemente escuro. O peito ten manchas e os flancos están finamente marcados con barras curtas.[6]
O seu hábitat de reprodución son os claros preto de lagoas na rexión do bosque boreal desde Alasca a Quebec. Aniñan no chan, xeralmente en sitios secos abertos.
Migran ás costas do golfo de México dos Estados Unidos e ao sur de Suramérica. Esta especie é unha ave errante regular no oeste de Europa e a Galicia só chegan algunhas aves accidentais[3] ou, por exemplo, en Gran Bretaña só se rexistran uns cinco exemplares cada ano, principalmente entre agosto e outubro.[7]
Aliméntanse en augas pouco profundas, ás veces usando o bico para remexer na auga. Comen principalmente insectos, pequenos peixes e crustáceos.
A chamada desta ave é máis suave que a do bilurico patiamarelo grande, moito máis áspera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tringa flavipes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 161, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Pereira, Sérgio Luiz; Baker, Alan J. (2005). "Multiple gene evidence for parallel evolution and retention of ancestral morphological states in the shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". The Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
- ↑ Scott, Shirley L., ed. (1994). Field Guide to the Birds of North America (2nd ed.). The National Geographic Society. pp. 114–115, 137. ISBN 0-87044-692-4.
- ↑ "Leser Yellowlegs (species profile)" at the Natural Lizard website (retrieved 5 April 2019)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lesser yellowlegs |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bilurico patiamarelo pequeno |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Informe sobre a especie - Cornell Lab of Ornithology
- Tringa flavipes - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Lesser yellowlegs na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Lesser yellowlegs en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Tringa flavipes en IUCN Red List maps