Burdigaliano
O Burdigaliano é, na escala temporal xeolóxica, unha idade ou piso do Mioceno. Comprende o tempo entre 20,43 ± 0,05 Ma e 15,97 ± 0,05 Ma. Precedido polo Aquitaniano, o Burdigaliense foi a segunda e máis longa idade do Mioceno, e está sucedido polo Langhiano.
Definición estratigráfica
[editar | editar a fonte]O nome «burdigaliano» provén de Burdigala, o nome latino da cidade de Bordeos, Francia. O piso burdigaliano foi presentado na literatura científica por Charles Depéret en 1892.
A base do Burdigaliano establécese na primeira aparición do foraminífero Globigerinoides altiaperturus e o teito da cronozona magnética C6An. O estratotipo do límite inferior deste piso está aínda pendente de asignar.
O teito do Burdigaliano (a base do Langhiano) está definido pola primeira aparición do foraminífero Praeorbulina glomerosa e é tamén coetánea co teito da cronozona magnética C5Cn.1n.
Paleontoloxía
[editar | editar a fonte]Entre as máis famosas localidades paleontolóxicas burdigalianas están o Turritellenplatte de Ermingen en Alemaña e os depósitos de ámbar dominicano da Española.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Depéret, Charles (1892). "Note sur la classification et le parallélisme du système Miocène" [Nota sobre a clasificación e o paralelismo do sistema Mioceno]. Bulletin de la Société Géologique de France (en francés) (3(20)): 145–156.
- Gradstein, F. M.; Ogg, J. G.; Smith, A. G. (2004). A Geologic Time Scale 2004 [Unha escala temporal xeolóxica 2004] (en inglés). Cambridge University Press.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Burdigalian ICS Stage en GeoWhen Database (en inglés).
- Neogene-Late Oligocene (0-33 Ma time-slice) na Facultade de Enxeñaría da Universidade Purdue (en inglés).