Burt Reynolds
Burton Leon Reynolds Jr., nado o 11 de febreiro de 1936 en Lansing, Míchigan, e finado o 6 de setembro de 2018, foi un actor, director e produtor estadounidenese. Os seus primeiros papeis notables foron en series de televisión como Gunsmoke (1962–1965) e Dan August (1970–1971). Acadou unha maior fama tralo seu papel de Lewis Medlock en Deliverance (1972). Reynolds foi o protagonista de varios filmes de éxito de recadación, como The Longest Yard (1974), Smokey and the Bandit (1977), Semi-Tough (1977), Hooper (1978), Smokey and the Bandit II (1980), The Cannonball Run (1981) e The Best Little Whorehouse in Texas (1982).
Tras outros filmes que non obtiveron bos resultados de recadación, Reynolds volveu a actuar na televisión, protagonizando a sitcom Evening Shade (1990–1994). Foi nomeado ó Oscar ó mellor actor secundario pola súa actuación en Boogie Nights (1997).[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Burt Reynolds". Golden Globe Award. Hollywood Foreign Press Association. Consultado o 29 de marzo de 2018.
- ↑ Fisher, Luchina (18 de agosto de 2011). "Burt Reynolds On His Money Woes". ABC News. Consultado o 25 de outubro de 2017.
- ↑ Rosen, Christopher (3 de decembro de 2015). "Burt Reynolds says he 'hated' Paul Thomas Anderson". Entertainment Weekly. Consultado o 19 de marzo de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Burt Reynolds |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |