Calipso (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Pascu, Seidelmann, Baum e Currie |
Descuberta no | 13 de marzo de 1980 |
Designación alternativa | Saturno XIV Tetis C |
Características orbitais | |
Eixo semi-maior | 294.619 km |
Excentricidade | 0 |
Período orbital | 1,887802 días[1] |
Inclinación | 1,56° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 30 × 23 × 14 km[2] |
Radio medio | 10,7 ± 1,0 km[2] |
Período de rotación | sincrónica |
Albedo | 1,34 ± 0,10 (xeométrico)[3] |
Oblicuidade | cero |
Calipso (ou en grego Καλυψώ) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta en 1980, a partir de observacións terrestres, por Dan Pascu, P. Kenneth Seidelmann, William A. Baum, e Douglas G. Currie, e recibiu a designación provisional de S/1980 S 25.[4] Nos meses posteriores quedarían rexistradas varias aparicións máis, coas súas designacións temporais incluídas: S/1980 S 29, S/1980 S 30,[5] S/1980 S 32,[6] e S/1981 S 2.[7] En 1983 recibiría oficialmente o nome de Calipso, procedente da mitoloxía grega[8]. Tamén é coñecido coma Saturno XIV ou Tetis C.
Calipso é unha lúa co-orbital de Tetis, e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann e o seu equipo en 1981.[9] A lúa Telesto reside no outro punto de Langrage (no de vangarda) de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos asteroides Troianos, hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, Polideuco e Helena, que son troianas de Dione.
Coma outros satélites pequenos de Saturno, Calipso é de forma irregular, cuberta de cráteres e semella que perdeu parte do material da súa superficie, xa que moitos cráteres amosan un revelo moi suave. A súa superficie é unha das de maior poder de refracción (en lonxitudes de onde visible) dentro do Sistema Solar, cun albedo xeométrico de 1,34.[3] Este alto albedo é o resultado do pulido de chorro de area feito polas partículas do anel E, un anel feble, composto principalmente de particulas de xeo de auga xeradas polos geysers do polo sur de Encelado .[10]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Outra imaxe do 13 de febreiro do 2010, onde se poden aprecia-los accidentes de forma fluídas.
-
Imaxe tomada pola Cassini o 23 de setembro do 2005
-
Calipso visto dende a Voyager 2 (agosto de 1981)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NASA Celestia". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768.
- ↑ 3,0 3,1 Verbiscer, A.; French, R.; Showalter, M. ; Helfenstein, P. (2007). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315 (5813): 815. PMID 17289992. doi:10.1126/science.1134681. p. 815 (material con soporte en liña, táboa S1)
- ↑ IAUC 3496: Satellites of Saturn 31 de xullo de 1980 (descubrimento)
- ↑ IAUC 3549: Satellites of Saturn 11 de decembro de 1980
- ↑ Satellites of Saturn 18 de maio de 1981
- ↑ IAUC 3593: Satellites of Saturn 16 de abril de 1981
- ↑ Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nome de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983)
- ↑ Seidelmann, P (1981). "Saturn satellite observations and orbits from the 1980 ring plane crossing". Icarus 47: 282. doi:10.1016/0019-1035(81)90172-X.
- ↑ New Close-Ups of Saturn’s Moons Mimas and Calypso
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Calypso Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 20 de novembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- The Planetary Society: Calypso (en inglés)
- Animación con fotos tomadas pola Cassini o 12-02-2010 (en inglés)