Canal 24 Horas
Aparencia
24 h | |
---|---|
Inicio das emisións | 15 de setembro de 1997 |
Propiedade de | RTVE |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 0,9% (setembro de 2012, Fórmula TV) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | España Andorra |
Sede central | Estudios de Prado del Rey |
Canle/s irmá(s) | La 1 La 2 Clan TVE Teledeporte La 1 HD Teledeporte HD TVE Internacional |
Na rede
| |
www.rtve.es/noticias | |
O Canal 24 Horas é unha canle de televisión pertencente a Televisión Española, que emite noticias de xeito ininterrompido para España e o mundo. Comezou as súas emisións ás 14 horas do 15 de setembro de 1997, dentro da plataforma de televisión por satélite Vía Dixital, sendo a primeira canle de información continua en España.
A programación estrutúrase en bloques de noticias de media hora de duración que comprenden información sobre a actualidade nacional e internacional, sociedade, cultura, economía, deportes e información meteorolóxica.