Saltar ao contido

Carcinoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Micrografía de células de pulmón con carcinoma.

Un carcinoma (do latín carcinoma á súa vez do grego καρκίνωμα, derivado de καρκίνος «caranguexo»[1] é un tumor maligno desenvolvido a partir de células epiteliais, glandulares (adenocarcinoma) ou do trofoblasto (coriocarcinoma) que tende a invadir tecidos circulares orixinando metástases.

Os lugares máis comúns de lesións de tipo carcinoma son pel, boca, pulmón, mama, estómago, colo de útero, próstata e pene.

Os carcinomas do tipo basocelular son orixinarios da epiderme e dos apéndices cutáneos por enriba da capa basal, como os polos, por exemplo. Xa os carcinomas epidermoides teñen orixe no queratinocito da epiderme, podendo tamén xurdir no epitelio escamoso das mucosas.

Individuos que traballan con exposición directa ó sol son máis vulnerábeis ó cancro de pel non melanoma. Ese tipo de cancro é máis común en adultos con picos de incidencia arredor dos 40 anos. Porén, coa constante exposición de mozos ós raios solares a media de idade dos pacientes está a diminuír.