Charles J. Pedersen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1904 Busan, Corea do Sur |
Morte | 26 de outubro de 1989 (85 anos) Salem, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Mieloma múltiple |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Saint Joseph College, Yokohama (en) University of Dayton (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química orgánica |
Ocupación | químico, investigador |
Premios | |
| |
Charles John Pedersen, nado en Busan (Corea do Sur) o 3 de outubro de 1904 e finado en Salem (Nova Jersey) o 26 de outubro de 1989, foi un químico nacionalizado estadounidenses galardoado co Premio Nobel de Química en 1987.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Busan, fillo de pai noruegués e nai xaponesa. En 1920 trasladouse aos Estados Unidos para realizar estudos de enxeñería química na Universidade de Daiton, no estado norteamericano de Ohio. Posteriormente realizou o seu doutoramento en química orgánica no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT).
Desde 1925 ata a súa xubilación en 1969 traballou na empresa química DuPont. Pedersen morreu na súa residencia de Salem a consecuencia dun cancro.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Na década de 1960 conseguiu a síntese química dun grupo de compostos orgánicos de forma ocasional, os cales denominou éter coroa pola forma da súa estrutura: un anel flexible de átomos de carbono formados por grupos etilenoxi (CH2-CH2-O-). Nas súas investigacións demostrou que era posible fabricar nun laboratorio moléculas que poden reaccionar selectivamente con outros átomos e compostos, tal e como o fan os encimas nos organismos vivos, de maneira que sexan selectivas para cada catión, debido á carga negativa xerada polos dipolos na molécula. A obtención destes compostos foi de forma ocasional, xa que Pedersen investigaba sistemas capaces de encapsular ao grupo gavinoxilo en síntese catalítica de polímeros.
En 1987 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto co químico estadounidense Donald James Cram e o francés Jean-Marie Lehn, polo desenvolvemento e utilización de moléculas de interacción de alta selectividade. Este galardón contribuíu a que os éteres coroa non caian no esquecemento e utilizáronse para múltiples investigacións científicas.
Actualmente os éteres coroa están sendo utilizados en investigación química como grupos funcionais capaces de recoñecer selectivamente os catións e xa que logo ofrecer novos sistemas químicos, tanto fotosensibles como novos materiais. Nos últimos anos foron utilizados para a obtención de novos cristais líquidos, tanto orgánicos como organometálicos, nos cales a mesogenia pérdese pola introdución dun catión ou se ve modificada para xerar novas mesofases. Ademais, tamén foron utilizados para a obtención de compostos polinucleares con interesantes propiedades luminiscentes, xa sexan fluoro ou fosforescentes.
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1987 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1987 (en inglés)
- Charles J. Pedersen en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Charles J. Pedersen en NNDB (en inglés)
Predecesor: Dudley R. Herschbach, Yuan T. Lee e John Charles Polanyi |
Premio Nobel de Química 1987 con Jean-Marie Lehn e Donald James Cram |
Sucesor: Johann Deisenhofer, Robert Huber e Hartmut Michel |