Christiaan Eijkman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1858 Nijkerk, Países Baixos (en) |
Morte | 5 de novembro de 1930 (72 anos) Utrecht, Países Baixos |
Lugar de sepultura | Driehuis Velsen Crematorium (en) |
Rector of Utrecht University (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Gueldria |
Educación | Universidade de Ámsterdam Instituto Pasteur |
Director de tese | Thomas Place |
Actividade | |
Campo de traballo | Patoloxía |
Ocupación | médico, profesor universitario, bioquímico, fisiólogo |
Empregador | Universidade de Utrecht. Q61667212 (1898–1918) , change of teaching mandate (en) |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Johann Frederik Eijkman |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Эйкман Христиан) Obálky knih, Onze Hoogleeraren (en) , (p.169) |
Christiaan Eijkman, nado en Nijkerk, Países Baixos, o 11 de agosto de 1858 e finado en Utrecht, Países Baixos, o 5 de novembro de 1930, foi un fisiólogo neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1875 empezou os seus estudos de medicina na Escola Médica Militar da Universidade de Ámsterdam, obtendo a licenciatura e converténdose en oficial médico militar. De 1879 a 1881, foi asistente de fisioloxía na devandita universidade. En 1883 trasladouse a Sumatra e, dous anos máis tarde, a Xava, onde foi contaxiado de paludismo, o que fixo que regresase a Holanda. Xa en Europa, traballa aspectos relacionados coa bacterioloxía con Robert Koch na Universidade de Berlín.
Durante a súa estancia en Xava (de 1886 a 1897), descubriu que as galiñas alimentadas con arroz sen casca desenvolvían polineuritis (enfermidade similar ó beriberi), en tanto que as que o comían con casca permanecían sas, chegando á conclusión de que a enfermidade podía deberse á falta de certas substancias non coñecidas, que máis tarde serían chamadas vitaminas. Este traballo de investigación, o primeiro dos realizados sobre as enfermidades por carencias na dieta, levou máis tarde ó descubrimento da vitamina B1 (tiamina).
Por estes descubrimentos, foi galardoado en 1929 co Premio Nobel de Medicina, compartido con sir Frederick Gowland Hopkins.
De regreso ó seu país, entre 1898 e 1928 foi profesor na Universidade de Utrecht.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christiaan Eijkman |