Cintura escapular
A cintura escapular é a primeira parte do membro superior humano, formada por dous ósos, a clavícula e a escápula. A cintura mantén unido o brazo ao tronco e polo tanto estabiliza o ombreiro.
Articulacións
[editar | editar a fonte]A cintura escapular participa en tres articulacións anatómicas do ombreiro:
Articulación esternoclavicular
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Articulación esternoclavicular.
A articulación esternoclavicular é a articulación máis interna do ombreiro e artella a clavícula co esterno, a través dun menisco articular. A cápsula articular mantén unidos a ambos ósos.
Articulación acromioclavicular
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Articulación acromioclavicular.
A articulación acromioclavicular artella o acromion da escápula coa parte máis lateral ou externa da clavícula. Ten unha mobilidade reducida e ten numerosos ligamentos de reforzo.
Articulación glenoumeral
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Articulación glenoumeral.
A articulación glenoumeral é a máis móbil do ombreiro. Artella o úmero coa cavidade glenoide da escápula.
Unións miotendíneas
[editar | editar a fonte]Á marxe das articulacións entre ósos existen dous tipos de unións miotendíneas, que contribúen á integridade do membro superior.
Unión escapulocostal
[editar | editar a fonte]É a unión fisiolóxica da escápula e as costelas. Contribúen a ela o músculo trapecio, o músculo romboide maior, o músculo romboide menor e o músculo serrato anterior. Recibe unha pequena achega do músculo pectoral menor.
Unión supraumeral
[editar | editar a fonte]É unha unión entre a cabeza umeral co ligamento acromiocoracoide. Participa o tendón do músculo supraespiñal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.