Columnata
Na arquitectura clásica, unha columnata[1] é unha longa secuencia de columnas vinculadas por un arquitrabe común. Ás veces constitúe un elemento autónomo, como a famosa columnata que Gian Lorenzo Bernini deseñou fronte á basílica de San Pedro do Vaticano, conformando unha gran praza de planta elíptica, ou a da catedral de Kazán, en San Petersburgo.
A forma particular da de San Pedro responde á necesidade de crear un espazo visualmente pechado pero materialmente aberto que se poida encher e baleitar de xente eficazmente. Cando unha persoa camiña pola praza de San Pedro o propio espesor das columnas superpostas entre si dálle a entender que é un espazo pechado. Porén, ao situarse nunha das dúas fontes, a percepción cambia por completo xa que estas coinciden cos focos da elipse e desde ese punto pode verse o exterior da praza a través das columnas, que xa non se superpoñen entre si.
Casos particulares
[editar | editar a fonte]- Cando unha columnata se encontra diante dun edificio protexendo a súa porta principal, chámase pórtico;
- Cando a columnata pecha un espazo aberto, como en San Pedro, denomínase perístilo. Os perístilos son típicos das arquitecturas do antigo Exipto, da antiga Grecia e da antiga Roma.
Xa no templos do antigo Exipto había filas de columnas, especialmente como elementos de sostemento das naves e delimitando o perímetro dos patios. Na antiga Grecia, e até o período helenístico, os templos, as prazas e os mercados a miúdo estaban delimitados por fileiras de columnas. A columnata romana converteuse nun elemento típico da fase madura da súa arquitectura, e a columnata con superposición de arcos converteuse case nunha constante na era cristiá.[2]
Columnatas famosas
[editar | editar a fonte]-
O Palácio da Alvorada (Brasilia), de Oscar Niemeyer, mostra unha interpretación moderna da columnata clásica
-
Comunnatas no patio interior do Palacio de Carlos V na Alhambra de Granada
-
Catedral de Kazán, San Petersburgo
-
Columnata do Louvre, ou de Perrault (fachada oriental do Palacio do Louvre, deseñada por Claude Perrault)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Columnata |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ecyclopaedia Britannica Arquivado 06 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)