Cordilleira do Xura
Tipo | Macizo fold and thrust belt (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | Vaud, Suíza, Cantón de Zürich, Suíza, Argovia, Suíza, Basilea-Campo, Suíza, Berna, Suíza, Cantón de Neuchâtel, Suíza, Cantón de Xura, Suíza, Cantón de Schaffhausen, Suíza, Cantón de Soleura, Suíza, Auvernia-Ródano-Alpes, Francia, Borgoña-Franco Condado, Francia e Gran Leste, Francia | ||||
| |||||
Características | |||||
Dimensións | 65 () × 340 () km | ||||
Punto máis alto | Crêt de la Neige (pt) (1.720 m ) | ||||
Material usado | rocha sedimentaria | ||||
Superficie | 14.000 km² | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Mesozoico e Era Cenozoica | ||||
A cordilleira do Xura é un sistema montañoso situado ao norte dos Alpes, entre Francia e Suíza. No seu punto máis alto alcanza os 1.718 msnm.
En Francia, cobre esencialmente a rexión do Franco Condado e esténdese á rexión Ródano-Alpes, ao leste do departamento do Ain e ao noroeste do Departamento de Savoia (chaîne de l'Epine et dent du Chat). En Suíza, esténdese sobre a fronteira oeste con Francia, polos cantóns de Basilea, Soleura, Xura, Berna, Neuchâtel e Vaud. En Alemaña o Xura continua co Xura Suabo, o Xura Francón e o Xura Bávaro.
Particularidades
[editar | editar a fonte]O Xura deu o seu nome a unha era soada do noso planeta, o Xurásico. Neste período formáronse as súas montañas.
As montañas do Xura, constituídas por rocas calcáreas xeralmente porosas, non poden reter a auga no seu seo. De tal forma, no Xura de Vaud, a excepción do Val de Joux, é difícil de atopar o máis insignificante manancial ou cavar un pozo para abastecerse de auga. Por conseguinte, a rexión do Xura está escasamente habitada e as súas terras utilízanse polos gandeiros do chairo como terras de pastoreo no verán. Algúns refuxios de pastores, na parte Suíza, foron reconvertidos en restaurantes típicos.
Picos máis importantes
[editar | editar a fonte]- Crêt de la Neige (Ain, Francia; 1.718 m).
- Le Reculet (Ain, Francia; 1.717 m).
- Colomby de Gex (Ain, Francia; 1.688 m).
- Mont Tendre (Vaud, Suíza; 1.679 m).
- La Dôle (Vaud, Suíza; 1.677 m).
- Le Grand Crêt d'Eau (Ain, Francia; 1.621 m).
- Le Chasseron (Vaud, Suíza; 1.607 m).
- Le Chasseral (Berna, Suíza; 1.607 m).