Saltar ao contido

Dan Fante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDan Fante

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 2015 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de ril Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista , dramaturgo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisJohn Fante Editar o valor en Wikidata  e Joyce Fante Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2464108 BNE: XX5063879 Discogs: 3724025 Editar o valor en Wikidata

Dan Fante, nado nos Ánxeles (California) o 19 de febreiro de 1944 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 2015[1][2], foi un escritor estadounidense, fillo do tamén escritor John Fante.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dan Fante foi ao insitituto en Santa Monica, e despois traballou en Nova York de vendedor ambulante, chofer de limusinas, taxista, limpacoches, comercial, detective privado e vixía nocturno nun hotel. Logo levou unha vida máis estable e decidiuse a escribir, sendo publicado en Francia grazas á cantante April March. Despois de vivir varios anos en Sedona (Arizona), Dan Fante regresou aos Ánxeles coa súa familia.

Amais do seu pai e Charles Bukowski, o seu principal modelo literario foi Hubert Selby, Jr.

Chump Change (publicada orixinalmente en Francia e despois editada nos EUA por Sun Dog Press), Mooch, Spitting Off Tall Buildings e 86'd compoñen unha tetraloxía autobiográfica protagonizada polo seu alter ego Bruno Dante. Short Dog é unha colección de relatos baseada na súa experiencia como taxista nos Ánxeles. Escribiu tamén dúas obras de teatro, The Closer / The Boiler Room e Don Giovanni, amais dos libros de poemas A Gin-Pissing-Raw-Meat-Dual-Carburetor-V8-Son-Of-A-Bitch From Los Angeles e Kissed by a Fat Waitress.

  • Chump Change (novela, 1998)
  • Mooch (novela, 2001)
  • Spitting Off Tall Buildings (novela, 2002)
  • Short Dog: Cab Driver Stories from the L. A. Streets (relatos, 2002)
  • Gin Pissing, Raw Meat, Dual Carburettor V-8 Son-of-a-Bitch from Los Angeles (poesía, 2002)
  • Renewal, Bottle of Smoke Press (relato, 2005)
  • Don Giovanni: A Play (teatro, 2006)
  • Kissed by a Fat Waitress (poesía, 2008)
  • 86'd (novela, 2009)
  • John Fante & The Hollywood Ten, Bottle of Smoke Press (ensaio, 2010)
  • Fante: A Family's Legacy of Writing, Drinking and Surviving (biografía, 2011)
  • Point Doom (2013)
  1. "Addio a Dan Fante, poeta della vita al limite" Arquivado 25 de novembro de 2015 en Wayback Machine., artigo en Il Centro, 24 de novembro de 2015 (en italiano).
  2. "Morto Dan Fante, figlio di John", artigo en Corriere della Sera, 24 de novembro de 2015 (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]