Diahann Carroll
Carol Diahann Johnson, nada no Bronx, Nova York, o 17 de xullo de 1935 e finada nos Ánxeles, California, o 4 de outubro de 2019,[1] foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense coñecida como Diahann Carroll, gañadora dun premio Tony e un Globo de Ouro, e candidata ao premio Óscar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Grazas ao apoio dos seus pais, dende nova comezou a súa formación como cantante, bailarina e modelo. Con quince anos posou para a revista Ebony.[2] Estudou a carreira de socioloxía[3] na Universidade de Nova York.[4] Irrompeu no mundo do espectáculo en 1954 con apenas dezaoito anos, ao gañar o concurso televisivo Chance of a Lifetime.[2][5][3] Posteriormente comezou a actuar en locais de Nova York.
Apareceu como actriz en filmes musicais como Carmen Jones (1954) e Porgy and Bess (1959),[2][4] ambos dirixidos por Otto Preminger, e en Paris Blues (1961) xunto con Sidney Poitier, Paul Newman e Joanne Woodward.[2] En 1974 foi candidata ao Óscar por Claudine, filme que coprotagonizou con James Earl Jones. Paralelamente, traballou na televisión e en musicais de Broadway, sendo a primeira muller afroamericana que gañou un Tony, polo seu traballo en No Strings.[6][2][7][4]
Tamén protagonizou a serie de televisión Julia, pioneira na súa época ao amosar personaxes de raza negra non estereotipados en papeis protagonistas.[6] Por este traballo gañou un Globo de Ouro e foi candidata ao Emmy.
Tras uns anos de relativa inactividade, recobrou unha popularidade enorme en 1984 co papel de Dominique Deveraux, na telenovela de grande éxito Dynasty,[2] en que interpretou unha rival de Alexis Carrington (Joan Collins). Paralelamente, interveu en The Colbys realizando o mesmo papel. Foi coñecida ademais polo seu papel na serie televisiva White Collar[8] e polas súas aparicións en Grey's Anatomy.[9]
Carroll foi diagnosticada con cancro de mama en 1997.[10] Ela dixo que o diagnóstico a "sorprendera" porque non había antecedentes familiares de cancro de mama e sempre seguira un estilo de vida saudable. Someteuse a nove semanas de radioterapia, e dende entón estivera libre de cancro. Con frecuencia falou da necesidade de detección temperá e da prevención da doenza.[11] Finalmente faleceu nos Ánxeles o 4 de outubro de 2019.[12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Carroll casou en catro ocasións. A primeira foi en 1956 co produtor musical Monte Kay[2][7] con quen tivo unha filla, Suzanne Kay Bamford, en 1960.[13] O matrimonio rematou en 1962.[14]
En 1959 comezou unha relación de nove anos con Sidney Poitier e entre 1970 e 1973 foi parella do presentador de televisión británico David Frost.[2][5] En 1973, Carroll sorprendeu os medios ao casar con Fred Glusman,[15] mais semanas despois presentou unha demanda de divorcio, acusando a Glusman de abuso físico.[16] En 1975 casou con Robert DeLeon.[2][7] Enviuvou dous anos despois cando DeLeon faleceu nun accidente de tráfico.[17] O seu cuarto e derradeiro matrimonio foi co cantante Vic Damone en 1987. A unión, que Carroll describiu como turbulenta, rematou cunha separación legal en 1991, unha reconciliación e un divorcio en 1996.[18][19]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Nota |
---|---|---|---|
1954 | Carmen Jones | Myrt | [4][2][7] |
1959 | Porgy and Bess | Clara | [4][2][7] |
1961 | Goodbye Again | Night Club Singer | [7] |
Paris Blues | Connie Lampson | [7] | |
1967 | Hurry Sundown | Vivian Turlow | [2][7][5] |
1968 | The Split | Ellen "Ellie" Kennedy | [2][7] |
1974 | Claudine | Claudine | [6][2][7][4] |
1990 | Mo' Better Blues | Jazz Club Singer | Sen acreditar |
1991 | The Five Heartbeats | Eleanor Potter | [5][20] |
1992 | Color Adjustment | Ela mesma | [21][22] |
1997 | Eve's Bayou | Elzora | [20] |
2007 | RiffTrax: The Star Wars Holiday Special | Mermeia | |
2013 | Tyler Perry Presents Peeples | Nana Peeples | [23][24] |
2016 | The Masked Saint | Ms. Edna | (derradeiro papel nun filme)[20] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diahann Carroll, Oscar-nominated, pioneering actress, dies". ABC news10. 4 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2019.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Fox, Margalit (4 de outubro de 2019). "Diahann Carroll, Actress Who Broke Barriers With 'Julia,' Dies at 84". The New York Times. Consultado o 5 de outubro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Bogle, Donald (2015). Primetime Blues: African Americans on Network Television. Farrar, Straus and Giroux. ISBN 9781466894457. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 McPhee, Ryan (4 de outubro de 2019). "Tony Award Winner and Oscar Nominee Diahann Carroll Dies at 84". Playbill. Consultado o 6 de outubro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 McCann, Bob (2009). Encyclopedia of African American Actresses in Film and Television. McFarland. pp. 71–73. ISBN 9780786458042. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Li, David K (4 de outubro de 2019). "Diahann Carroll, groundbreaking 'Julia' actress, dead at 84". Today. Consultado o 5 de outubro de 2019.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 Moody, Nekesa Mumbi (4 de outubro de 2019). "Diahann Carroll, Oscar-nominated, pioneering actress, dies". ABC News10. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2019.
- ↑ Mitovich, Matt (2 de decembro de 2008). "Diahann Carroll Collars Role on USA Pilot". TV Guide. Consultado o 8 de maio de 2014.
- ↑ Griffiths, John (21 de decembro de 2017). "Diahann Carroll: Hall of Fame Tribute". Television Academy EMMYS. Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ Jackson, Dory (4 de outubro de 2019). "(RIP) Diahann Carroll Dead: Trailblazing Actress From 'Dynasty' and 'Julia' Dies at 84 After Cancer Battle". US Magazine.
- ↑ "Actress and breast cancer survivor Diahann Carroll to address Baylor luncheon". Dallas News (en inglés). 26 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2019. Consultado o 5 de outubro de 2019.
- ↑ "Pioneering Actress Diahann Carroll Dead At 84". NBC Palm Springs. 4 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ "Diahann Carroll, TV Trailblazer and Oscar Nominee, Dies at 84". People. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ Diliberto, Gioia (2 de decembro de 1985). "Now That Diahann Carroll's Come into His Life, Things Are Looking Up for Crooner Vic Damone". People.
- ↑ "It's Over! Diahann Carroll is Divorced". Jet: 54. 9 de agosto de 1973.
- ↑ Iley, Chrissy (5 de novembro de 2008). "'I'm ambitious, dedicated and vain'". The Guardian. ISSN 0261-3077.
- ↑ Feuer, Alan; Rashbaum, William K. (12 de marzo de 2005). "Blood Ties: 2 Officers' Long Path to Mob Murder Indictments". The New York Times. Consultado o 4 de xaneiro de 2009.
- ↑ Rourke, Elizabeth (2006). "Diahann Carroll: Biography". Contemporary Black Biography. The Gale Group, Inc. Consultado o 4 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Diahann Carroll: Biography, Photos, Movies, TV, Credits". Hollywood.com. 2009. Consultado o 4 de xaneiro de 2009.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 Morgan, Glenisha (4 de outubro de 2019). "Groundbreaking Actress Diahann Carroll Dies At 84". K104.7. Consultado o 6 de outubro de 2019.
- ↑ Kim, L. S. (2014). "Raced Audiences and the Logic of Representation". En Alvarado, Manuel; Buonanno, Milly; Gray, Herman; Miller, Toby. The SAGE Handbook of Television Studies. SAGE. ISBN 9781473911086. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ Jackson, Sandra (1992). "Video Review: Color Adjustment". Visual Sociology 7 (1): 89. doi:10.1080/14725869208583697.
- ↑ Hamlet, Janice D. (2019). Tyler Perry: Interviews. Univ. Press of Mississippi. ISBN 9781496824608. Consultado o 7 de outubro de 2019.
- ↑ Gay, Roxanne (2014). Bad Feminist. Hachette UK. ISBN 9781472119742. Consultado o 7 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diahann Carroll |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carroll, Diahann (2009). The Legs Are the Last to Go: Aging, Acting, Marrying, Mothering, and Other Things I Learned Along the Way. Nova York: HarperPaperbacks. ISBN 9780060763275.
- Carroll, Diahann, con Ross Firestone (1987). Diahann: An Autobiography (1st Ivy Books ed.). Nova York: Ballantine Books. ISBN 0804101310.
- Plowden, Martha Ward (2002). Famous Firsts of Black Women. Illustrated by Ronald Jones (2nd ed.). Gretna, LA: Pelican Pub. Co. ISBN 9781565541979.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diahann Carroll. Makers: Women Who Make America. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2021. Vídeo biográfico
- "Diahann Carroll". The HistoryMakers. Arquivado dende o orixinal o 2014-02-26.
- "Diahann Carroll". The National Visionary Leadership Project.